Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

FADEMGA denuncia a falta de apoios da Xunta ao servizo San Francisco para persoas con discapacidade mental.

Correo-e Imprimir PDF

san francisco coiaCon máis de 15 millóns de euros foron beneficiadas a través de axudas, préstamos e concertos do Estado e Xunta, dúas empresas privadas para a prestación de servizos a persoas discapacitadas en Galicia. Pola contra, a asociación sen ánimo de lucro San Francisco, con sede no barrio de Coia (Vigo), podería ter que pechar tras 47 anos de servizo ante a falta de axudas para acondicionar as súas instalacións. 

FADEMGA  advirte que a medida afecta a 73 pacientes e 20 traballadores que non serían acollidos polas novas empresas.

Afectados maniféstanse contra a privatización do servizo social para persoas con discapacidade.

Correo-e Imprimir PDF

Momento durante a manifestaciónUnha concorrida manifestación tivo lugar en Vigo por parte de familiares, usuarios e traballadores en defensa da Asociación Galega San Francisco (AGASFRA)

A Xunta de Galicia sacou a concurso público o servizo de atención a persoas con discapacidade que até o de agora cumpría en Coia a Asociación Galega San Francisco (Agasfra). A medida afecta a 74 usuarios e deixará na rúa próximo a 20 traballadores desta organización sen ánimo de lucro.

Comité POVISA - "Hai horas do día no que non hai persoal para atender a un paciente cunha parada cardíaca"

Correo-e Imprimir PDF

Comité de empresa de PovisaPovisa segue despedindo traballadores e reducindo xornadas pese á firma do convenio co SERGAS por 75 millóns de euros anuais.

A empresa POVISA obtivo no pasado exercicio un beneficio de 11 millóns de euros.

1425 millóns para financiación do novo hospital de Vigo que reduciu 500 camas das 1400 previstas

Correo-e Imprimir PDF

Obras do novo hospital Vigo en Valadares | SergasA Federación de Sanidade de CC OO de Galicia denuncia a «campaña de propaganda» da Xunta sobre o novo hospital de Vigo. O sindicato faise eco dunha publicidade que o Goberno autonómico inseriu en varios xornais co lema «cada euro conta» e na que aparece a imaxe do centro vigués.

Conselleira de Sanidade: "Os cidadáns están satisfeitos coa sanidade galega"

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade / xunta.esA conselleira Rocío Mosquera defende a súa xestión e nega "colapsos" durante o verán. Toda a oposición coincidiu en denunciar o abandono da sanidade pública.

Diminuír as enfermidades e responder á mellora continua do sistema a través de 17 prioridades que inclúen 108 obxectivos, 248 accións de mellora e 334 indicadores. Ese é o novo obxectivo da Consellería de Sanidade no seu Plan de prioridades sanitarias para o período 2014-2016 que deu a coñecer este martes na Cámara a súa titular, Rocío Mosquera.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL