Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

En pleno tratamento contra o cancro, Beatriz Figueroa reclamará a cobertura por incapacidade no Xulgado do Social.

Correo-e Imprimir PDF

beatriz figueroa inemBaixo o lema “O INSS mátanos de fame” este xoves ás 9:30 horas está convocada unha concentración de apoio a doente de cancro Beatriz Figueroa, fronte ao Xulgado do Social de Vigo (antigo edificio). Nese intre, Beatriz deberá asistir á vista pola demanda que ela presentara hai una ano co xeito que lle permitan unha cobertura digna por incapacidade para levar adiante o tratamento.

Beatriz Figueroa non cesa a súa loita polos dereitos das persoas doentes de cancro

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe Ramón Vaquero "La vida no sigue igual" o leitmotiv da campaña que Beatriz Figueroa combate contra os "titáns" da administración da seguridade social e do estado logo de denunciar a situación na que se ven envoltos os enfermos de cancro en España.

A súa protesta foi refrendada por máis de medio millón de sinaturas e o apoio de todos grupos políticos salvo o PP, onde solicitaba a mellora na protección laboral das persoas con doenzas oncolóxicas a través dunha proposición de lei perante o Congreso dos Deputados.

A bolboreta que dá cobertura ás persoas con trastorno mental do Val Miñor necesita máis apoios.

Correo-e Imprimir PDF

residentes avelainha

A Asociación Avelaíña conmemorará o Día Mundial da Saúde Mental  inaugurando novas instalacións en Baiona. Na bisbarra e contorna ofrece servizos de apoio a máis de 400 persoas con algún tipo de trastorno mental. Delas, 25 participarán deste centro de rehabilitación que pechou en Gondomar e este venres reabre na Vila Real. Máis este servizo vital para as familias do Val Miñor non é o coñecido nin “recoñecido” suficientemente. Ter máis próxima a realidade pola que atravesa Avelaíña foi obxecto desta entrevista co seu equipo de fornecedores.

Sanitarios do centro de referencia do ébola en Galicia advirten que non están preparados

Correo-e Imprimir PDF

Edificio SERGAS Santiago de Compostela

Cada vez son máis as voces críticas coa xestión do Goberno no caso do évola. Ademais do evidente erro que permitiu o contaxio da enfermeira de Becerreá en Madrid, agora son os profesionais sanitarios os que alertan que non están preparados para facer fronte a pandemia. De feito, no hospital Carlos III de Madrid vivíronse onte algunhas escenas de pánicos, con operarios chorando e algúns abandonando o seu posto de traballo.

En Galicia, son os especialistas encargados de xestionar a crise os que advirten que non teñen medios dabondo. A xunta de persoal do complexo universitario de Vigo, ao que pertence o hospital Meixoeiro, centro de referencia en Galicia fronte ao évola, fala de carencias tanto de materiais como de formación.

O PP rexeita modificar a lei da Seguridade Social para dar máis coberturas aos doentes de cancro.

Correo-e Imprimir PDF

beatriz figueroa inemA maioría parlamentaria do PP no Congreso impide que prospere a proposición de lei presentada polo BNG para mellorar a cobertura laboral e de seguridade social aos enfermos de cancro. Iniciativa que recolle o reclamo que lidera a viguesa Beatriz Figueroa, doente desta enfermidade que foi quen de acadar máis de medio millón de sinaturas de apoio á proposta.

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu onte martes á tribuna da Cámara a defender a proposición de lei do BNG, que dá resposta a unha demanda social, para que se mellore a cobertura laboral e de Seguridade Social ás persoas enfermas de cancro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL