Martes, 19 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo

SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo

Correo-e Imprimir PDF
conselleira-Sanidade-visita-hospital-Vigo

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia súames ao chamamento da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo e aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumarase a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa do carácter público do Novo Hospital "Alvaro Cunqueiro" afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.

"Consideramos inaceptable que se pretenda poñer en funcionamento un centro con graves deterioros e deficiencias nas súas infraestructuras que poñen en risco a seguridade dos pacientes e obrigaron á súa paralización; que sufriu importantes recortes en camas, quirófanos, urxencias, laboratorio, servizos de radioloxía, dotación e equipamiento dotación, para favorecer a unha concesionaria privada que pretende facer negocio cobrando copagos por aparcar ou dar de beber aos pacientes ingresados. Esta grave situación mostra os problemas asociados á privatización dos servizos sanitarios e a necesidade do seu rexeitamento por toda a Cidadanía, por encima de diferenzas políticas ou ideolóxicas."

Os motivos da convocatoria

Un vídeo recolle, con datos e cifras, os segredos que oculta a construción do Álvaro Cunqueiro. Así, un edificio público que, inicialmente, estaba orzamentado en 457,6 millóns de euros, pasou a custar 1.566,4  millóns e será concertado.
 
Ademais, suprimiranse camas na UCI e en Urxencias e desaparecerán servizos como os de Radioloxía, os módulos de investigación ou servizo de queimados entre outros.
 
A Xunta contratou á empresa Price Waterhouse Cooper por 220.000 euros para que analizara as distintas ofertas para o novo hospital. Para esa empresa traballa, segundo denuncian neste vídeo, a filla da conselleira de Sanidade.  Son as razóns, din, para acudir á manifestación deste xoves en Vigo.
 
 
Coa colaboración de Galicia Confidencial

 

Percorrido da manifestación