Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona clama xustiza para Águeda

Correo-e Imprimir PDF
Xustiza. Esta palabra foi a protagonista onte en Baiona. Máis de medio milleiro de persoas concentráronse nesta localidade pontevedresa para esixir que o presunto autor da morte da moza de Baredo Águeda González sexa castigado coa "pena máxima" e que esta sexa cumprida de "forma íntegra".

Ver video TVG

Baiona planea facer un banco de ameixa coa area que se retira no porto

Correo-e Imprimir PDF
Mariscadora en faenaA area que se está extraendo durante o dragado da área do fondo do mar onde se ampliará o porto pesqueiro servirá para consolidar un novo banco marisqueiro dentro da ensenada. A Confraría de Pescadores propúxose rexenerar un área produtiva aproveitando as obras de alongamento do peirao. Propuxéronse desta forma intentar frear o descenso de capturas da ameixa babosa.

O Concello de Baiona advirte do risco de inundacións en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Obras de canalización no río Groba. SabarísO alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que Sabarís está hoxe en día mellor preparado para previr unha inundación pero alertou de que o risco segue latente porque a estrada litoral continúa bloqueando a saída das augas pluviais.

O BNG solicita que se desestime a modifiación do Peri V por non ser de interese público.

Correo-e Imprimir PDF
O grupo municipal do BNG súmase ao rechazo do PSOE de Baiona ante unha  modificación puntual nº4 do PXOM do PERI V / UE 5 en Covaterreña. O BNG considera que estas modificacións non teñen sentido nengún xa que poderían hipotecar o futuro novo plan xeral. O BNG só lle atopa sentido "no caso de que se pretenda defender intereses que descoñecemos".

O irmán de Águeda pide aos veciños que acudan á manifestación do domingo

Correo-e Imprimir PDF
Águeda GonzálezO irmán da moza asasinada en xaneiro do ano pasado en Baiona pediu onte a todos os veciños que acudan á manifestación que partirá o vindeiro domingo desde o centro de saúde dos Tendales.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL