Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A Arribada conserva o seu tirón

Correo-e Imprimir PDF
Ao completo ou case. Os hoteis de Baiona volverán rozar o cheo este fin de semana con motivo da Festa da Arribada, unha celebración que segue espertando un alto interese entre os turistas. Confirmábano onte desde os propios establecementos, que rexistran porcentaxes de ocupación para o sábado que, de media, exceden o noventa por cento.

O cable de R chegará no segundo semestre de ano a Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Os veciños de Baiona disporán no teceiro trimestre de ano da conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego, R. A compañía prevé levar os servizos integrados de teléfono fixo e móbil, internet de alta velocidade e televisión dixital a uns de 4.600 fogares e locais empresariais de Baiona.

O PSOE insta a adopción medidas disuasorias para corrixir a inseguridade vial en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Accidente en BaredoAgrupación Socialista de Baiona instou ao goberno municipal a que se tomen as medidas axeitadas para conseguir en todo o municipio un tráfico, rodado e peonil, seguro e respectuoso coas normas e límites de velocidade. Ante o importante incremento dos accidentes de tráfico e da súa gravidade, despois dos últimos accidentes do pasado mércores na rotonda da Ladeira e o do pasado sábado, dende a Agrupación Socialista de Baiona instan ao goberno municipal a que se tomen as medidas axeitadas para conseguir en todo o municipio un tráfico, rodado e peonil, seguro e respectuoso coas normas e límites de velocidade.

O PSOE critica o recorte do servizo de recollida de lixos nas áreas rurais de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Lixo en Viso de CalvosO secretario xeral do PSOE de Baiona critica que o goberno municipal recortou o servizo de recollida de lixos nas parroquias. Arturo Pereira sinala que unha vintena de veciños do barrio de Fontes, en Bahíña, levan ao redor de dúas semanas acumulando lixo nos colectores sen que o servizo municipal pase a recollela.

Rebelión dos comerciantes da praza de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}Comerciantes da praza de abastos de Baiona impediron onte que operarios da escola obradoiro pechasen o acceso que utilizan para a carga e descarga de mercancías. As obras consistían en dotar dunha entrada adecuada ao soto que se está reformando na actualidade para crear aulas de formación e sedes de asociacións.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL