Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Repetición da charla en Belesar sobre o PXOM de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O centro Cultural Municipal de Medialdea Belesar, repetirá a experiencia da charla do pasado sábado en Baiña sobre a incidencia do novo Plan Xeral na parroquia. O interese dos veciños por coñecer a nova situación urbanística que lles afectará directamente precisa dunha explicación dos termos que regulan os planos de ordenación.

CC OO demanda ao concello por ´acoso´ aos traballadores do servizo de limpeza de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O sindicato Comisións Obreiras (CC OO) informou onte de que os delegados do comité de persoal do Concello de Baiona suscitaron unha demanda de conflito colectivo ante o Xulgado do Social de Vigo coa que pretenden que o concello deixe de aplicar os cambios que, "de forma unilateral", aplicou o concello ao horario e a xornada laboral dos traballadores do servizo municipal de limpeza.

A Oficina de Atención ao Consumidor do Concello de Baiona informa da desaparición da tarifa nocturna

Correo-e Imprimir PDF

A Oficina de Atención ao Consumidor do Concello de Baiona informa que, en relación coa desaparición da tarifa nocturna e as novas posibilidades de contratación, poden consultar o folleto elaborado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), dependente da Consellería de Innovación e Industria, a través da súa páxina web premendo no seguinte enlace  

Presentación oficial da Festa da Arribada en FITUR 2008

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage} Concello de Baiona realizou a presentación oficial da Festa da Arribada 2008, en Fitur, no stand que a Diputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, dispuxeron novamente para esta ocasión, tralo éxito obtido na edición anterior.

Charla en Baiña sobre o PXOM de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Empresa de Promoción Social para o Val Miñor, encargada do asesoramento a promotoras veciñais para a contrucción de vivenda pública, dará unha charla técnica de formación sobre o novo PXOM para que os veciños poidan entender os termos nos que se redacto o planeamento. A charla terá lugar o sábado 2 de febrerio, no centro cultural de Baiña ás 19:00h.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL