Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O Concello de Baiona realiza melloras no paseo Pinzón

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}A brigada municipal de Vías e Obras de Baiona está levando a cabo desde fai uns días a remodelación da pérgola do paseo Pinzón. Estas obras consisten no reforzo de cada un dos 36 alicerces verticais con mallas metálicas e unha nova cuberta lateral de formigón, así como a substitución das 38 travesas horizontais da parte superior por outras novas de recente fundición.

Un incendio destrúe unha casa deshabitada en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Foto. M.Tores. A Voz de GaliciaAínda non se coñecen as causas, pero si as consecuencias. Un incendio calcinou onte unha vivenda deshabitada, de tres pisos, en pleno centro de Baiona e mantivo en xaque aos servizos de urxencias despregados na zona. Efectivos do Grumir de Nigrán, co apoio da policía local de Baiona traballaron durante máis de hora e media para sufocar as chamas.

Aceba quéixase e o concello anima a reclamar por electrodomésticos

Correo-e Imprimir PDF
Quedarse sen luz durante dúas horas en plena campaña navideña resulta "intolerable" para os comerciantes e propietarios de negocios de hostelería de Baiona. Pola súa banda, o alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, instaba onte aos veciños a presentar os seus reclamaciones na oficina de consumo do concello no caso de que os cortes ocasionasen averías aos electrodomésticos.

Queda enganchado co seu parapente nun tendido eléctrico e provoca un apagón en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O deportista santiagués Manuel Garrido salvou a vida onte tras quedar enganchado co seu parapente nun tendido eléctrico en Sabarís, en Baiona. O mozo puido saltar a terra polo seu propio pé a pesar de que varios cables quedaron enredados, provocando explosións e chispazos. A consecuencia do accidente, varios barrios da vila sufriron un apagón.

O coleccionista de fósiles

Correo-e Imprimir PDF
Un autodidacta baionés de 51 anos foi capaz de reunir unha ampla colección de aproximadamente 400 fósiles de distintos enclaves da península ibérica. Trátase de Jorge Castro, un marinero afeccionado á arqueología, que leva máis de 30 anos recollendo estas pequenas pezas prehistóricas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL