Sábado, 24 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Baiona Queda enganchado co seu parapente nun tendido eléctrico e provoca un apagón en Baiona

Queda enganchado co seu parapente nun tendido eléctrico e provoca un apagón en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O deportista santiagués Manuel Garrido salvou a vida onte tras quedar enganchado co seu parapente nun tendido eléctrico en Sabarís, en Baiona. O mozo puido saltar a terra polo seu propio pé a pesar de que varios cables quedaron enredados, provocando explosións e chispazos. A consecuencia do accidente, varios barrios da vila sufriron un apagón.

O incidente produciuse contorna ás seis da tarde. O mozo, que pertence ao club parapente Rotor, partiu da serra da Grova dez minutos antes en compañía doutro practicante deste deporte aéreo.

Continúa na Voz de Galicia