Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O proxecto «Memoria do mar» chega a Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Técnicos do Museo do Mar de Galicia chegaron onte a Baiona para solicitar a colaboración dos mariñeiros para a posta en marcha do proxecto «A memoria do Mar».O obxectivo desta iniciativa é recuperar e pór en valor o patrimonio fotográfico mariñeiro, mediante a dixitalización de fondos fotográficos familiares e a creación dunha banco de imaxes relacionadas co mar. Trátase dun proxecto pioneiro na comunidade que pretende establecer un catálogo visual do mundo galego relacionado co mar.

A Concellería de Cultura fai público o Regulamento do Real Mercado Medieval

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Cultura acaba de facer público o Regulamento do Real Mercado Medieval que se celebrará en Baiona os días 1 e 2 de marzo, co gallo do 515 cabodano da arribada da carabela Pinta ó seu porto. O novo Regulamento, en salvagarda do rigor histórico que caracteriza a esta festa, obriga ós solicitantes de calquera tipo de posto a un depósito previo de 100 euros en concepto de aval-fianza, que será devolto por domiciliación bancaria unha vez rematado o Real Mercado a todos aqueles titulares que non haxan vulnerado o Regulamento.

O reloxo tamén dorme

Correo-e Imprimir PDF
Desconcertante pode ser a pequena historia das campás da igrexa de Santa Cristina, en Sabarís (Baiona), que se soa porque o fan, e, se non, hai que entrar en indagacións. Desde fai uns días, digamos que o reloxo inclinou a agulla dun lado, do de quen se queixaban de que as doce da noite fosen subliñadas con nada menos que 24 campanadas, sempre dobrados os tañidos do rexistro horario.

O futuro campo de golf de Baiona ocupará 700.000 metros

Correo-e Imprimir PDF
Un total de 2,8 millóns de persoas visitaron as Rías Baixas para gozar do seu tempo de lecer durante o ano pasado. Os turistas portugueses seguen sendo os principais clientes dos establecementos hostaleiros de Pontevedra. Aproximadamente 1,8 millóns dos visitantes procedían do país veciño.

A Concellería de Cultura de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Co

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Cultura de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Concurso de Comparsas Entroido 2008, que se celebrará en Baiona o Martes de Carnaval día 5 de febreiro. As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello de Baiona dende o luns 14 ata o 31 de febreiro de 2008 en horario de 9:00 a 13:30h.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL