Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Concellería de Cultura de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Co

A Concellería de Cultura de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Co

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Cultura de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Concurso de Comparsas Entroido 2008, que se celebrará en Baiona o Martes de Carnaval día 5 de febreiro. As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello de Baiona dende o luns 14 ata o 31 de febreiro de 2008 en horario de 9:00 a 13:30h.

As Comparsas estarán integradas por un mínimo de 8 persoas e os premios repartiranse tal e como figura nas Bases do Entroido que axuntamos. Os premios son os seguintes:
  • 1º Premio .......................900 euros
  • 2º Premio .......................650 euros
  • 3º Premio .......................500 euros

 

Entre as demais comparsas participantes, repartiranse os seguintes premios:

  • De 81 a 100 compoñentes 500 euros por participar.
  • De 61 a 80 compoñentes 400 euros por participar.
  • De 41 a 60 compoñentes 300 euros por participar.
  • De 21 a 40 compoñentes 200 euros por participar.
  • De 12 a 20 compoñentes 100 euros por participar.

 

Bases do Concurso de Comparsas 2008

Primeira. A inscrición para participar, deberá facerse nas oficinas do Concello dende o luns 14 ata o 31 de xaneiro de 2008, en horario de 9:00h-13:30h.

Segunda As comparsas participantes, deberán estar integradas por un mínimo de 8 persoas.

Terceira. Os premios establecidos son os seguintes:

  • 1º Premio .......................900 euros
  • 2º Premio .......................650 euros
  • 3º Premio .......................500 euros

 

Entre as demais comparsas participantes, repartiranse os seguintes premios:

  • De 81 a 100 compoñentes 500 euros por participar.
  • De 61 a 80 compoñentes 400 euros por participar.
  • De 41 a 60 compoñentes 300 euros por participar.
  • De 21 a 40 compoñentes 200 euros por participar.
  • De 12 a 20 compoñentes 100 euros por participar. .

 

Cuarta. Para optar ós premios, as comparsas deberán desenrolar o seguinte programa:

  • a)Participar no desfile organizado
  • b)Tódalas comparsas participantes deberán aportar obrigatoriamente a súa música en CD .
  • c)Realizar unha exhibición de 5 a 10 minutos ante o xurado.
  • d)Participar no enterro da sardiña que terá lugar o día mércores 6 de febreiro ás 19,00 horas desde a Praza do Concello ata a Praia Ribeira.

 

Quinta As comparsas concentraranse antes das 17:30 horas do martes 5 de febreiro nas inmediacións do Porto Pesqueiro, comezando a esa hora o desfile polas rúas da Vila, para rematar na Praza do Concello onde terán lugar as exhibicións no palco alí situado.

Sexta O Xurado estará integrado por persoas do mundo da cultura, deporte, música, letras, etc., designadas polo Concello. O xurado poderá declarar premios desertos en caso de non reunir uns mínimos de calidade esixidos.

Séptima Valoraranse entre outros os seguintes aspectos:

  • Disfraces, máscaras, maquillaxes, etc., axeitados ó motivo que representen.
  • xinalidade, caracterización, instrumentalización, etc.
  • Actitude no desfile acorde co motivo na exhibición.
  • Calidade e creatividade na exhibición.
  • Número de compoñentes da comparsa.