Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Regueifas e entroido en Gondomar

Regueifas e entroido en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Un ano máis Gondomar será o centro do Entroido miñorano, recén saídos das festas do Nadal, Gondomar xa ten todo en marcha para a súa tradicional celebración da festa da loucura por excelencia, que este ano cae por San Brais, a primeira romaría do ano, que ten lugar na parroquia de Mañufe. Este ano a Concellaría de Cultura vai promover un Entroido máis participativo - o entroido faino a xente- recuperando elementos do mesmo que en Gondomar se perderan nos últimos anos, como o Enterro da Sardiña, ou as coplas e pregóns das comparsas. Vólvese a darlle protagonismo á función do entroido como espazo para a crítica popular porriba doutros aspectos máis vistosos. Para este concello o entroido ten que ser crítica sen censuras, divertimento sen límite, transgresión.. o mundo ao revés.
 
Para os nenos haberá o tradicional Desfile Escolar o venres pola mañán, e actividades recreativas, animación, obradoiros e diversión durante as tardes do luns 4 e o martes 5 de febreiro. 
 
Como novidade, este ano o recuperado Enterro de dona Sardiña pasa para o sábado 9 de febreiro, para facilitarlle a participación e a festa aos cidadáns de Gondomar e do Val Miñor. Despois do velorio no Centro de Saúde, a procesión fúnebre e a lectura do seu testamento diante do Concello, haberá festa rachada para pechar tan importante acontecemento, e a entrega de premios do tradicional Concurso de Comparsas, a celebrar o domingo de Entroido, 3 de febreiro.
 
Contaremos coa colaboración dos regueifeiros Benito Lobariñas, Luis O Caruncho e Josiño da Teixeira. O pregón oficial de apertura será lido polo escritor Fran Alonso.
 
As bases para participar no Concurso-Desfile de comparsas póndese retirar no Concello ou solicitalas por teléfono ou email.
+ info: 986 363 913 
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo    
 
{mospagebreak}
 
 

PROGRAMA ENTROIDO´08  Concello de GONDOMAR
Venres, día 1 de Febreiro

 

11.00.-Desfile Escolar de comparsas  dos Colexios Públicos e Institutos de Ensino Medio do Concello de Gondomar, polas principais rúas do casco urbán.

 

Domingo, día 3 de Febreiro
 

16.00.- Pregón oficial do Entroido, a cargo dos regueifeiros Benito Lobariñas e Luis O Caruncho. No centro da vila.

16.30.- Gran Desfile-Concurso de Comparsas polo centro da vila, conducido polos pregoeiros. Lectura de coplas de Entroido.

 

Luns, día 4 de Febreiro
 

16.30.- Gran Festa Infantil: Animación, música, Obradoiros de Entroido: máscaras, disfraces, globoflexia, maquillaxe.
 Na Praza da Alameda. No Pavillón de Deportes se chove.

 

Martes, día 5 de Febreiro

 

16:30.- Gran Festa Infantil: continuación dos Obradoiros de Entroido. Concurso Infantil de  Disfraces.

21.00.- Verbena na Praza do Concello a cargo da agrupación musical      “Dúo Beethoven”.

 

 Sábado, día 9 de Febreiro

 

18:00.- Velorio de Dona Sardiña no Centro de Saúde. Actuación dos  regueifeiros Benito Lobariñas e    Josiño da   Teixeira.

20:00.- Procesión fúnebre polo casco urbán. Co acompañamento da  Banda de Música de  Vincios e o Colectivo Cabesa de Boi.

20:30.- Enterro de Dona Sardiña: Lectura do testamento, a cargo do  escritor Fran Alonso. Na Praza do Concello.

22:00.- Verbena na Praza do Concello a cargo da orquesta Saudade 73.

Entrega de premios do Concurso de Comparsas.