Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Cultura de Baiona busca actores para a Arribada

Correo-e Imprimir PDF
A concellaría de Cultura de Baiona busca afeccionados ao teatro que estean interesados en participar na representación do drama histórico da Arribada durante o primeiro fin de semana de marzo. Os ensaios comezarán este mes baixo a dirección de Mónica Sueiro. A todos os compoñentes facilitaráselles vestiario e atrezo correspondientet ao seu personaxe. Máis información en 986385921 ó 638186112.

Chegan a Galicia as burbullas para camiñar sobre o mar

Correo-e Imprimir PDF
Camiñar sobre a auga deixou de ser un milagre bíblico para converterse nunha atracción de praia. As burbullas acuáticas inchables son o último invento para procurar novas sensacións sobre o mar. Foron inventadas polos chineses e xa chegaron a Galicia grazas ao empresario Jorge Torrado.

O último desprendemento desata a alarma entre os veciños de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou onte que o edificio cuxa cornixa se desprendeu a tarde do mércores xa non supón un perigo para os transeúntes. Os propietarios e os técnicos do Concello inspeccionaron o último piso do número 42 da rúa Ventura Misa e comprobaron que o resto da estrutura do edificio mantense firme. Os grandes bloques de pedra que caeron sobre a vía pública foron retirados onte e novamente volveu abrirse o paso nesa rúa.

O parking do Aral reservará prazas para veciños do casco vello por 31 euros ao mes

Correo-e Imprimir PDF
Resolver a, en ocasións, excesiva presenza de vehículos nas rúas do centro de Baiona e evitar as dificultades que os veciños do casco antigo atopan para estacionar é o dobre obxectivo que persegue a nova oferta de abonos mensuales do aparcamiento do Aral exclusiva para residentes do barrio histórico. A oficina de Atención ao Cidadán do concello tramitará as solicitudes de praza, cuxo aluguer mensual terá un custo de 31 euros, a metade do seu prezo habitual.

Sorprenden a dous motoristas a máis de 90 quilómetros hora por encima da velocidade máxima permitida

Correo-e Imprimir PDF

A Garda Civil identificou e localizou a dous veciños do Val Miñor aos que se lles imputa un suposto delito contra a seguridade vial ao ser detectados rebasando en máis de 90 quilómetros a velocidade establecida nun mesmo tramo de estrada cuxo límite máximo específico é de 50 quilómetros por hora, coas súas motocicletas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL