Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Presentación oficial da Festa da Arribada en FITUR 2008

Presentación oficial da Festa da Arribada en FITUR 2008

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage} Concello de Baiona realizou a presentación oficial da Festa da Arribada 2008, en Fitur, no stand que a Diputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, dispuxeron novamente para esta ocasión, tralo éxito obtido na edición anterior. O acto tivo lugar onte xoves día 31 de xaneiro, ás 12:00 horas. Ó mesmo asistiron, o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, o Presidente de Turismo Rías Baixas, Xosé Manuel Figueroa, alcaldes dos concellos da provincia, membros da corporación municipal baionesa, autoridades civís tales coma o presidente de Cepsa, Carlos Pérez de Bricio, o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Ezequiel Simóns, o famoso compositor Xulio Mengod e a súa esposa, o popular ciclista Óscar Pereiro, o concelleiro de Turismo de Baiona, Anxo Rodal, así como diferentes empresarios da Vila. Foron tamén numerosos os medios de comunicación que cubriron o evento.

O acto foi presentado polo célebre historiador Vicente Sierra e Ponce de León quen destacou a importancia do feito histórico da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. A seguir interveu o Alcalde de Baiona, Xesús Vázquez Almuiña, quen fixo entrega a Vicente Sierra, dunha reproducción da fachada do Concello. Durante a sua intervención, o Alcalde de Baiona, resaltou a importancia das diferentes institucións que colaboran coa Vila, facendo posible a realización desta Festa. É o caso de Cepsa, Caixanova ou Diputación de Pontevedra, e agradeceu ó Museo Liste, a posibilidade que brinda a Baiona, de realizar diferentes exposicións nas súas salas. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, pechou o turno de intervencións, para dar paso á proxección do vídeo da Festa da Arribada.

A continuación, se ofreceu a tódolos asistentes, unha degustación dos Ñoclos de Pinzón e da Torta de Sarmiento, prostres típicos da Festa, elaborados por Rosquillas Cristaleiro e Panadería O Bastón, respectivamente.

O persoal da concellería de turismo, ataviado de época, ofreceu ós asistentes, diverso material de promoción da Festa, así como o novo vídeo de promoción de Baiona.

Durante os cinco días que dura a feira, Baiona estará presente no stand de Turismo Rías Baixas, a través de diferentes mostradores, nos que se distribuirán os folletos editados por Turismo de Baiona, (planos, guías de servicios, folleto de imaxe,…), e a revista da Festa da Arribada 2008.

Tamén todo o que o desexe, poderá participar no sorteo de dúas estancias de fin de semana no Parador Nacional Conde de Gondomar e o hotel Baía de Baiona.