Agrupación Socialista de Baiona instou ao goberno municipal a que se tomen as medidas axeitadas para conseguir en todo o municipio un tráfico, rodado e peonil, seguro e respectuoso coas normas e límites de velocidade. Ante o importante incremento dos accidentes de tráfico e da súa gravidade, despois dos últimos accidentes do pasado mércores na rotonda da Ladeira e o do pasado sábado, dende a Agrupación Socialista de Baiona instan ao goberno municipal a que se tomen as medidas axeitadas para conseguir en todo o municipio un tráfico, rodado e peonil, seguro e respectuoso coas normas e límites de velocidade.
O PSOE de Baiona asegura que se poden articular solucións preventivas e disuasorias do incumprimento das normas de circulación vial, mesmo sen necesidade de recorrir ás polémicas bandas sonoras que os populares retiraron tras obter o goberno na pasada lexislatura e que pese á polimica demostraron ser efectivas. Por todo, o socialistas solicitaron á Alcaldía e ao seu equipo de goberno por remedio a este grave problema.