Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona clama xustiza para Águeda

Baiona clama xustiza para Águeda

Correo-e Imprimir PDF
Xustiza. Esta palabra foi a protagonista onte en Baiona. Máis de medio milleiro de persoas concentráronse nesta localidade pontevedresa para esixir que o presunto autor da morte da moza de Baredo Águeda González sexa castigado coa "pena máxima" e que esta sexa cumprida de "forma íntegra".

Ver video TVG

Foi unha marcha silenciosa e emotiva que estivo encabezada polos familiares da moza e que se celebrou só un día antes de que dea comezo na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo contra Francisco Javier Reyes Barreiro, o suposto asasino, quen se enfronta a unha condena de vinte anos de cárcere.

Continúa no Faro de Vigo