Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Búscase á rapaza Águeda González Portela, desaparecida en Baiona

Búscase á rapaza Águeda González Portela, desaparecida en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Se busca a Agueda Gonzalez PortelaA Garda Civil reforzou hoxe cun helicóptero o dispositivo que se encarga da procura da moza Águeda González Portela, de 21 anos de idade, que desapareceu o pasado mércores na parroquia de Baredo, no municipio pontevedrés de Baiona.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a Garda Civil ten dedicados á procura da moza "o número máximo de efectivos que pode destinar", de forma que os axentes rastrexan a zona da súa desaparición e a súa contorna coa axuda de cans adestrados para este tipo de labores e, desde hoxe, reforzados por un helicóptero. 

>>> Un centenar de persoas sumáronse onte á procura

Aínda que a investigación do caso lévaa a Garda Civil, conta coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil de Baiona. Así mesmo, amigos, veciños e coñecidos da familia de Águeda González Portela tamén están colaborando no rastrexo dos montes de Baredo para intentar localizar á moza.

En declaracións a Europa Press, Alberto González Portela, irmán da moza desaparecida, realizou un chamamento a todo o mundo para que se recorda calquera detalle, "aínda que pareza unha tontería, pero poida dar pistas", comuníquenllo á Policía ou á Garda Civil. 

Familiales e amigos repartiron pasquines coa foto da moza e piden que se chame ao 986 35 69 05 para aportar calquera dato que poida axudar a dar co paradero de Águeda González Portela.