Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Hoxe todos somos Águeda

Hoxe todos somos Águeda

Correo-e Imprimir PDF
[Hoy todos somos Ã?gueda]

Manifesto do Concello de Baiona contra o asasinato de Águeda González Portela

19 de xaneiro de 2006 ALCALDÍA.-

Distinguidas autoridades
Compañeiros de Corporación
Veciños de Baiona 

....

Dende esta praza do Concello asistimos a moitas manifestacións contra todo tipo de violencia. Xeralmente eran para nós persoas descoñecidas. Hoxe esa loita ten rostro próximo, rostro amigo.

Ante o brutal asasinato da nosa veciña Águeda González Portela, o pobo de Baiona a través da súa Corporación municipal quere mostrar a súa total repulsa ante todo tipo de violencia.

Baiona está consternada porque é unha vila pacífica, acolledora. Porque hai moitas rapazas como Águeda e familias como a de González Portela. Xente traballadora, xente con principios, boa xente.

Pero no día de onte, os baioneses vimos que non estamos libres da maldade humana.

Quixera traer a colación as palabras dun gran estatística: “Puede que llegue el día en el que el juego limpio, el amor a los hombres, el respeto por la justicia y por la libertad, permitan a generaciones marchar hacia delante serenas y triunfantes después de esta época en que tenemos que vivir. Entre tanto, jamás hay que acobardarse, jamás hay que cansarse, jamás hay que desesperarse”.

A familia e o Concello queren agradecer ós veciños, agrupacións de Protección civil de Val Miñor, Vigo, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Vilagarcía, A Estrada, á Garda Civil, á Policía Local e a tódalas asociacións e institucións que interviñeron na busca de Águeda. Unha marea de xente implicada que non dubidou en dedicar horas e horas para atopar a nosa veciña.

Tamén á difusión que durante todos estes días fixeron desta busca os medios de comunicación.

A Corporación municipal, a través da Xunta de Portavoces, decidiu tomar os seguintes acordos:

  • Declarar tres días de loito, cas bandeiras a media hasta e crespón negro
  • A suspensión de todos os actos institucionais neste período
  • A petición ás institucións policiais e xudiciais de acelerar e finalizar o antes posible as investigacións en curso.
  • A petición de que caia sobre o/os culpable/es todo o peso da lei.

Hoxe todos somos AGUEDA

Hoxe todos pertencemos á familia GONZALEZ PORTELA

Jesús Vázquez Almuiña
ALCALDE DE BAIONA