Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG solicita que se desestime a modifiación do Peri V por non ser de interese público.

O BNG solicita que se desestime a modifiación do Peri V por non ser de interese público.

Correo-e Imprimir PDF
O grupo municipal do BNG súmase ao rechazo do PSOE de Baiona ante unha  modificación puntual nº4 do PXOM do PERI V / UE 5 en Covaterreña. O BNG considera que estas modificacións non teñen sentido nengún xa que poderían hipotecar o futuro novo plan xeral. O BNG só lle atopa sentido "no caso de que se pretenda defender intereses que descoñecemos".

O PSOE de Baiona considera que o goberno de Baiona "non defende os intereses dos centros educativos". Denuncia que o goberno de Baiona aprobou mediante unha modificación do Plan Xeral a creación dun vial para dar acceso ó PERI 5, situado detrás do Colexio de Covaterreña,  levándose por diante varios centos de metros cadrados de patio do centro.

Consideran que este PERI deberá ter como obxetivo prioritario a proyección futura do colexio e a través do mesmo darlle unha maior superficie que garanta o seu crecemento e así poder dotalo de servicios e instalacions adecuadas a o uso do mesmo.  "esta actuación, que xorde da iniciativa privada, se xustifica por interés público"

Os socilistas menifestaron que "o planeamento urbanístico debe dirixirse a conseguir un adecuado equilibrio entre as iniciativas privadas eo interés publico xeral, e mais cando falamos da educación de nosos fillos, que a garantía de futuro da nosa sociedade. Consideramos ademáis que existen alternativas, eo goberno do PP ten a obriga de xestionar as mais adecuadas para non hipotecar o futuro do colexio."

Alegación presentada polo BNG 

Comunicado do PSOE - Baiona