Baiona engalánase este fin de semana para celebrar as festas en honor á súa patroa, a Virxe da Anunciada.
Durante catro días baioneses e visitantes poderán gozar dunha ampla programación que acolle actividades para todos os membros da familia.
O programa comezou esteo venres 31 de xullo co lanzamento, ás 11 da mañá, de 12 bombas de palenque. Pola tarde, ás 20:30 horas, a alameda Carabela Pinta acolleeu o espectáculo “Peor Imposible” de Peter Punk. Xa pola noite ás 23:00 horas amenizou a festa no parque da Palma o concerto de Paracetamol e do grupo de rock español La Fuga.