Venres, 29 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Un gran marco de público acompañou a Xeira do IEM pola Estrada Real a Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

santa marta iemMáis de duascentas persoas asistiron a xeira pola antiga Estrada Real, ou camiño vello a Baiona, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos coa guía de Antonio Soliño, Anxo Rodriguez Lemos e Carlos Méixome. O camiño deparou pontes, cruceiros, casas, prazas e pazos, fontes, camiño e historias cargados de anécdotas con singulares protagonistas que deixaron as súas pegadas nunha paisaxe que vai mudando ao longo do tempo, as veces non con moi bo xeito.

Podemos recollerá propostas para o seu programa electoral en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

podemos baionaPodemos Galicia está a organizar encontros en diferentes puntos da xeografía galega durante todo agosto para recoller propostas cara ás eleccións xerais. Estas ideas serán votadas na última semana do mes para a súa inclusión no programa electoral do partido . A vila de Baiona acollerá un destes encontros o vindeiro venres 7 de agosto, ás 19 horas na sala "Ángel Bedriñana", na rúa Carabela La Pinta (xunto á Praza de Abastos, no Concello de Baiona).

Os concellos galegos integrantes da organización Vilas Mariñeiras revalidan o seu compromiso en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

paradormonteboiNa cita puxéronse en común propostas e alternativas para fornecer tanto a oferta turística como a captación de visitantes aos municipios antes de comezar unha nova etapa, así como homoxeneizar a información dos lugares de interese turístico que se suscita desde a nosa comarca na actualidade.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Turismo, María Iglesias Fernández, reuníronse en Baiona cos concelleiros de turismo do resto de concellos galegos integrantes da Asociación Vilas Marineras. Á cita acudiron os concelleiros de Sanxenxo, Jesús Sueiro, Ortigueira, Ana María Fojón e Viveiro, María Soledad Rey.

EU presenta escrito no Parlamento Galego e no Concello de #Baiona en defensa de As Escubichas.

Correo-e Imprimir PDF

iolanda silvanoO voceiro de EU-SON, Silvano Montes Sánchez, sinala que durante a pasada campaña electoral, con motivo da visita que realizou a Baiona a Coordinadora Nacional Yolanda Díaz, adquiriu un compromiso cos veciños das vivendas sociais As Escubichas.

O Concello de #Baiona retira o argazo dos areais da Ladeira

Correo-e Imprimir PDF

praia ladeiraO Concello de Baiona informa que está retirando as algas que se atopan na beira da Praia Ladeira. Sinalan que desde a Concellaría de Medio Ambiente, véñense realizando puntualmente ao longo do verán varias limpezas do argazo xa que este ano hai máis algas do habitual debido ao aumento da temperatura do auga.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL