O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, ditou a suspensión provisional do procedemento de contratación da concesión para a explotación do ciclo integral da auga de Baiona. O mesmo tivo lugar tras un recurso da empresa FCC Aquqlia, segundo dá conta o PSOE Baiona. Trátase da segunda vez que esta tribunal anula a contratación do devandito servizo
Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor
Socialistas esixen paralizar a concesión da auga en Baiona ante nova suspensión ditada pola xustiza.
Autobuses escolares prestarán servizo de transporte público entre parroquias en Baiona.
Collerán aos posibles pasaxeiros nas paradas xa preestablecidas para o servizo escolar. A un custe de 1€ os usuarios poderán achegarse co autobús escolar ás distintas paradas nos traxectos ao CEIP Covaterreña ou IES 1º de Marzo. A dispoñibilidade de prazas será o límite de usabilidade. A medida foi acordade por unanimidade no pasado pleno de Baiona e orixinada nunha iniciativa da agrupación socialista.
O Concello de Baiona licita a recuperación do paseo fluvial de Baredo .
O Concello de Baiona saca a licitación con carácter urxente cara un proxecto de rehabilitación da senda fluvial no río Fraga, na parroquia de Baredo.
O prego marca tres meses como prazo para a súa execución, e 279.050,66 € como prezo base do concurso, impostos incluídos.
O proxecto financiase integramente con cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (POSS 2015), subvencionado pola Deputación Provincial.
Esquerda Unida convoca a asemblea municipal en #Baiona
A agrupación municipal de Esquerda Unida SON anuncia a celebración este martes 1 de setembro ás 20 horas dunha asemblea aberta para militantes, simpatizantes e veciños de Baiona en xeral.
Membros do GES Val Miñor rescatan unha persoa ferida nas rochas da praia dos Frades. #Baiona
Unha persoa golpeouse nun costado despois de caer nunha zona rochosa do Paseo Monte de Boi, á altura da praia dos Frades en Baiona.
Ademais das lesións provocadas pola caída, a persoa, que estivo en todo momento consciente, tivo que ser rescatada polos efectivos do GES do Val Miñor.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL