Venres, 29 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Critican a entrega da insignia honorífica do concello ao ex alcalde de Baiona nunha comida privada.

Correo-e Imprimir PDF

insignia-baiona-rodal-almuinha“A insignia que se lle entregou ao ex alcalde Jesús Vázquez Almuiña,  tería que producirse no seo do Pleno Municipal, órgano de máxima representación democrática e que representa a todos os cidadáns de Baiona, nunca nunha comida de carácter privado”, sinala Rafael Lores, edil socialista da corporación.

O socialista refírese á distinción honorífica que se entrega aos ex concelleiros unha vez abandonan as súas funcións. A mesma tivo lugar nunha comida este mediodía na que participaron  funcionarios e o equipo de goberno de Baiona como despedida ao agora conselleiro de Sanidade da Xunta, Vázquez Almuíña. A mesma tivo lugar no Monte Real Club de Yates.

Feijoo destitue á conselleira de Sanidade e nomea ó alcalde de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Jesus Vazquez Almuina | Roi González Villa CC BY-SA 3.0 - O aununcio foi feito público esta mañá e por sorpresa mediante un comunicado. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a remodelación do goberno galego cesando á conselleira de Sanidade Rocío Mosquera entre outros.

O posto de Sanidade vai ser ocupado polo actual alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuiña. 

Baiona recada o dobre do previsto por multas de tráfico.

Correo-e Imprimir PDF

policia local multa baiona“O goberno local está a someter os veciños e veciñas de Baiona a unha presión recadatoria sen precedentes”, sostén Rafael Lores, edil socialista de Baiona.  A súa agrupación informou o venres que no exercicio 2014 o concello de Baiona ingresou un total de 134.000 euros en concepto de multas de tráfico, cando estaba prevista unha recadación de 70.000 euros.

Máis de 200 persoas consultaron o CIM de Baiona por casos de violencia de xénero durante 2014.

Correo-e Imprimir PDF

rueda3Baiona o pasado ano atendeu a máis de 200 persoas no Centro de Información á Muller no referente a casos de violencia de xénero. Os datos foron revelados, Por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia durante unha visita ao CIM de Baiona este mediodía.

Socialistas esixen paralizar a concesión da auga en Baiona ante nova suspensión ditada pola xustiza.

Correo-e Imprimir PDF

encorobaionaO Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, ditou a suspensión provisional do procedemento de contratación da concesión para a explotación do ciclo integral da auga de Baiona. O mesmo tivo lugar tras un recurso da empresa FCC Aquqlia, segundo dá conta o PSOE Baiona. Trátase da segunda vez que esta tribunal anula a contratación do devandito servizo

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL