Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona recada o dobre do previsto por multas de tráfico.

Baiona recada o dobre do previsto por multas de tráfico.

Correo-e Imprimir PDF
policia local multa baiona

“O goberno local está a someter os veciños e veciñas de Baiona a unha presión recadatoria sen precedentes”, sostén Rafael Lores, edil socialista de Baiona.  A súa agrupación informou o venres que no exercicio 2014 o concello de Baiona ingresou un total de 134.000 euros en concepto de multas de tráfico, cando estaba prevista unha recadación de 70.000 euros.

Neste senso adiantan que no orzamento para o ano 2015 tense prevista unha recadación de 90.000 euros na  partida de infraccións “ao que débese sumar a recadación polo uso da grúa”, engaden.

Advirten que esta presión “tamén ten efectos moi negativos no sector  turístico e comercial que son os piares da nosa economía”. Por iso “preguntaremos no próximo  pleno canto se leva ingresado nas partidas de infracción de tráfico e na de retirada de vehículos neste ano”, sinalan.

“Dende o Partido Socialista entendemos que se debe acabar con este abuso impositivo ao que nos está sometendo o Alcalde e o seu equipo de goberno”, finaliza nun comunicado Rafael Lores.