Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Feijoo destitue á conselleira de Sanidade e nomea ó alcalde de Baiona

Feijoo destitue á conselleira de Sanidade e nomea ó alcalde de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Jesus Vazquez Almuina | Roi González Villa CC BY-SA 3.0 -

O aununcio foi feito público esta mañá e por sorpresa mediante un comunicado. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a remodelación do goberno galego cesando á conselleira de Sanidade Rocío Mosquera entre outros.

O posto de Sanidade vai ser ocupado polo actual alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuiña. 

 

En época de suposta austeridade e contencion de gasto, o presidente Feijoó aproveita o cámbito de goberno para incrementar o numero de consellerías que pasa de 8 a 10, con dúas grandes mudanzas: a destitución da conselleira de Sanidade, protagonista dunha desastrosa posta en marcha do hospital publico - privado de Vigo e a retirada das competencias de Medio Rural á conselleira Rosa Quintana logo de azuzar os ánimos dos sectores rurais do propio Partido Popular no conflito do leite en Galicia.