Cangas, Moaña, Nigrán, O Porriño, Redondela, Vigo, e cando é necesario, Baiona consumen a auga potabilizada no embalse de Eiras, en Fornlenos de Montes. Un tratamento que esixe próximo a 2 millóns de euros anuais e para os que este municipio debe aportar 20 mil euros, equivalente ao 1%. O rexedor Emiliano Lage, entende que trátase dun custe desorbitado para o seu concello e que sería xusto que os outros municipios que se benefician de Eiras, contribúan aos gastos. Así fíxoo saber ao rexedor vigués, Abel Caballero, no marcos das reunión que o alcalde vigués está a manter polo tema da Área Metropolitana.
Nigrán
Fornelos reclama achegas aos concellos que reciben auga do embalse de Eiras, entre eles #Nigrán.
O colexio Humberto Juanes contará cun novo sistema de calefacción no próximo curso
O alcalde de Nigrán mantivo hoxe unha reunión co xefe territorial da Consellería de Educación, entidade que financia o cambio de caldeira.
González pediu que se mellore o acceso de tráfico rodado e peóns ao IES Proval ante a inseguridade actual nesta vía dependente da Xunta
Investigan ao ex alcalde popular de Nigrán por presunta prevaricación na contratación da grúa municipal.
O Xulgado de Instrución Nº 6 de Vigo investiga ao exalcalde popular Alberto Valverde por presunta prevaricación administrativa no contratación do servizo de grúa municipal. O fai a instancia dunha denuncia presentada polo ministerio fiscal que viu indicios de delito nesa contratación feita mediante decretos de Alcaldía, en lugar dun concurso público con publicidade, segundo dá a coñecer o edil Antonio Fernández (UCN).
Os colectivos deportivos, culturais e veciñais de #Nigrán reciben 21.574 € en subvencións de fondos municipais.
O Concello de Nigrán reparte 21.574 euros en subvencións a un total de 35 entidades deportivas, culturais, veciñais e de festas do municipio. As entidades achegaron os seus proxectos para participar destas axudas coa modalidade de concorrencia competitiva cuxo prazo de solicitude rematara o 15 de maio. A xunta local de goberno vén de aprobar as ponderacións achegadas dende a comisión de valoración nomeada a tal fin e decidiu confirmar as axudas que achegarán dende 200€ a case 1000€ por colectivo segundo a puntuación acadada.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou o pasado 12 de agosto as concesións. En total, 21 entidades deportivas recibirán 9.884,70 euros, ingresándoselles de xeito inmediato o 40% da cantidade concedida a cadansúa, o resto será entregado previa xustificación dos gastos que se deriven da execución do programa ou actividade, tal e como se recollía nas bases.
O alcalde de Nigrán solicita ao concello de Vigo que o Vitrasa de Fragoselo poida achegarse a Chandebrito.
Juan González reuniuse onte en Vigo con Abel Caballero para falar sobre a futura área metropolitana
O alcalde de Nigrán, Juan González, reuniuse onte en Vigo co seu homólogo Abel Caballero para falar sobre a futura área metropolitana nunha primeira rolda de contactos do rexedor vigués cos representantes dos diferentes municipios que a integrarían.
A lonxa de Panxón atende o público pola mañá mentres avanzan as obras de recuperación das instalacións.
Operarios do Concello de Nigrán atópanse esta semana traballando na lonxa de Panxón para acometer as reformas esixidas pola Xunta na súa inspección. Dende o Concello sinalan que paro o final da semana estarán completamente remodelados os dous aseos e correspondentes lavabos e, a maiores, instalarase un fregadeiro.
A lonxa mantén a venta directa de capturas no horario de 9.00 a 11.00 da mañá baixo a supervisión e control de persoal da confraría A Anunciada.
Convocan 2ª xornada de voluntariado para erradicar especies invasoras nas dunas de Lourido
O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar. Neste caso a acción realizarase nas dunas situadas na zona do areal de Lourido.
Para elo, fan un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.
O goberno de #Nigrán reclamará 8 árbores non colocadas que figuraban no contrato da praza do Concello.
Denuncian que colocáronse en substitución especies de menor valor da estipulada no contrato.
O espazo proxectado polo anterior goberno tivo un orzamento de 218.456 euros "e non inclúe rego automático", sinala o goberno de Nigrán.
Denuncian que a escasa cantidade de terra que poden conter os parterres impide que moitas árbores enraícen como é debido
Os recibos do IBI en #Nigrán baixarán un 4% de media a partir de 2016.
O Concello de Nigrán adhírese a unha proposta de Facenda para rebaixar o imposto de bens inmobles do 0,60% ao 0,52%
A medida xa asinada polo alcalde suporá un aforro para os veciños e unha diminución nas arcas municipais de 192,631,74 euros a partir de 2016, segundo un comunicado muncipal
O goberno de Nigrán acordou a rebaixa en oito puntos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o vindeiro exercicio do ano 2016. Así llo comunicou o propio rexedor Juan González á Dirección Xeral do Catastro o 27 de xullo de 2015 mediante a solicitude de aplicación aos valores catastrais de bens inmobles urbanos aos coeficientes que estableza ao efecto a Ley de Presupuestos Generales del Estado para o 2016. Esta rebaixa se adhire polo pronto á posibilidade ofrecida dende o propio Ministerio de Facenda.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL