O Concello de Nigrán organiza este xoves a súa segunda xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar. Neste caso a acción realizarase nas dunas situadas na zona do areal de Lourido.
Para elo, fan un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.
O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, localizada a escasos metros do lugar.
A actividade está prevista que dure tres horas e que culmine coa total desaparición de especies foráneas. O Concello ten previsto organizar actividades de mellora e protección do sistema dunar nas xornada dos xoves alternativamente.