Domingo, 4 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Nigrán

Nigrán

O Concello de Nigrán retoma as homenaxes oficiais a veciños represaliados e asasinados polo franquismo.

Correo-e Imprimir PDF

vltados9A demorada estrea da película “A volta dos nove” de Antonio Cairo dará inicio este venres a unha serie de actos que en solitario ou en colaboración con asociacións civís o Concello de Nigrán promoverá en materia de memoria histórica. Continuará o sábado coa participación na homenaxe á Volta dos 9 que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos en Baiona. E dende alí o goberno anuncia que dará comezo unha serie de actividades na materia cara ao 2016 cando se cumpra o 80 aniversario do golpe de Estado de Francisco Franco.

O alcalde Juan González, autor de varios libros de investigación sobre a represión franquista en Nigrán e o Val Miñor,  convida “a todo o pobo a que se sume a esta merecida homenaxe aos que defenderon a liberdade e a democracia contra o fascismo” e anima a que se asista aos actos.

A Policía Local de Nigrán incauta xoias e outras pertenzas roubadas nunha finca de San Pedro.

Correo-e Imprimir PDF

xoias nigranForon detidos tres mozos de procedencia albanesa como presuntos autores do roubo de xoias e outras pertenzas depositadas en bolsos incautados por axentes da Policía Local de Nigrán.

A detención tivo lugar onte na rúa Francisca Lago, en San Pedro da Ramallosa. A identificación e posterior captura dos presuntos autores puido ter lugar grazas á colaboración cidadá, segundo dá coñecer o parte policial.

Familia en paro e con trixemelgos recibe o compromiso de apio do alcalde de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

trixemelgosO alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe a unha parella veciña de Priegue (Nigrán) que vén de ter trixemelgos. González reiterou todo o seu apoio ao pais das criaturas, Andrés Heredia e Gabriela Apaza, ambos de 26 anos e en situación de desemprego.

Os terreos de Nigrán urbanizables sen desenvolver deixarán de tributar dende 2016 como solo urbano.

Correo-e Imprimir PDF

nigran-chan-rustico-2Esta nova únese á rebaixa xa acordada entre o Concello de Nigrán e o Ministerio de Facenda de baixar o IBI urbano do 0,60 ao 0,52%

A medida afectará a 995.000 metros cadrados do municipio e suporá unha diminución para as arcas municipais de 58.000 euros.

“Farase xustiza coa veciñanza, que leva anos pagando como urbanos uns terreos que mentres non se desenvolvan son, sen lugar a dúbidas, rústicos” declara o alcalde, Juan González.

O Concello de Nigrán dixitaliza a sinalización dos seus sendeiros e monumentos máis relevantes

Correo-e Imprimir PDF

nigranpaneisA información está dispoñible a través dun smartphone en diferentes idiomas e aportando diversos recursos: texto, audio, imaxes, xeolocalización...

O proxecto comezou co goberno socialista de Efrén Juanes hai seis anos e continúa agora con Juan González, permitindo por vez primeira que a información sexa accesible a persoas con discapacidade funcional

Tras 100 días de goberno socialista en Nigrán UCN fai pública a súa valoración da xestión.

Correo-e Imprimir PDF

antonio fernandezO partido Unión Centrista de Nigrán (UCN), por medio do seu portavoz e líder, Antonio Fernández Comesaña, valora a xestión dos 100 primeiros días do goberno socialista en Nigrán, destacando en positivo catro aspectos:

O alcalde de Nigrán presidirá nos próximos catro anos o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Correo-e Imprimir PDF

Juan González foi elixido por unanimidade a proposta da Comisión Executiva na asemblea xeral de socios celebrada en Santiago

FondoCooperacionGalegoDirectivaO alcalde de Nigrán, Juan González, presidirá durante os próximos catro anos o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade despois de que así o decidise por unanimidade a asemblea xeral de socios celebrada en Santiago. A proposta da Comisión Executiva desta entidade supramunicipal, a presidencia recaerá no socialista nigranés Juan González (PSOE), a vicepresidencia en Teresa París (edil do PP de Redondela), a tesourería en Carmen Fouces (edil do BNG de Pontevedra), a secretaria en Andrea García (IGADI) e as vogalías nos edís Marga Figueroa (Alternativa dos Veciños-Oleiros), Silvia Cameán (Marea-A Coruña), Daniel Fernández (PP-Cartelle), Gloria Prada (PSOE-Monforte) e Goretti Sanmartín (BNG-Deputación da Coruña). En total, forman a nova executiva nove membros sobre os que recaerá a responsabilidade da dirección do Fondo ata a nova convocatoria electoral, cando obrigatoriamente debe renovarse.

A xuiza desestima as imputacións do ex alcalde e o secretario de Nigrán no marco da operación Patos

Correo-e Imprimir PDF

Rafael Louzan, Alberto Valverde e María José Bravo Bosch durante a inauguración das obras da praza do concello | Imaxe Concello de NigránA xuíza de instrución número 7 de Vigo ditou auto acordando a imputación de 46 persoas no marco da operación Patos, á marxe das cinco persoas que foron detidas no seu día e que xa están imputadas.

 

Así, a maxistrada acepta a inmensa maioría das propostas da fiscalía, e imputa a todas as persoas que solicitaba o Ministerio Público, excepto a tres: o ex alcalde de Nigrán Alberto Valverde; o secretario municipal do Concello de Nigrán; e a presidenta da asociación de veciños Pedra Moura (en relación cunha subvención).

Nigrán demanda á Xunta a reparación das deficiencias detectadas pola inspección de traballo no IES Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde está pendente dunha reunión coa delegada da Xunta en Vigo despois de que esta fose suspendida o mércores

O Concello de Nigrán reclama a Xunta que actúe "urxentemente" no IES Val Miñor despois de que a Inspección Provincial de Traballo de Pontevedra advertise nun informe dos perigos para a saúde que supoñen "a fibra de vidro e o amianto presentes na súa estrutura, dous materiais altamente canceríxenos".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL