Veciños da Rúa Rans anuncian que presentarán un escrito de denuncia ante o Concello de Nigrán. Sinalan estar fartos dos atrancos e a falla de seguridade para o tráfico e viandantes que están a provocar os traballos de humanización na estrada. Afirman que falta espazo para camiñar nas beirarrúas nos tramos ocupados por materiais da obra e a ferramentas espallada no chan. Reclaman a sinalización de vías alternativas para peóns nos lugares que deben baixar á estrada.
Nigrán
Veciños da Rúa Rans denuncian atrancos por mor das obras de humanización. #Nigrán
#Nigrán avanza no trámite de execución das obras de saneamento para Ceán, Priegue e Camos .
A Xunta de goberno do Concello de Nigrán aprobou esta semana a realización das obras de saneamento no Camiño do Rincho (no barrio de Ceán) e na rúa Salgueiral e o Camiño do Regueiro (Camos), de xeito que antes de fin de ano estarán rematadas e xa en funcionamento. Ademais, dentro do mesmo proxecto realizado dende a enxeñería municipal inclúese o abastecemento de auga para o Camiño do Monte, en Navás (Priegue). O Concello de Nigrán inviste nelas 86,000 euros (sen IVE) e cumpre así coa súa parte do convenio asinado en 2013 con Augas de Galiza e que foi anulado unilateralmente o 27 de xullo por parte da Xunta, organismo que se comprometera a levar o saneamento a parte de Parada e Camos.
Sae a exposición pública a autorización para as intervencións no Río Muíños á altura de Porto do Molle.
O obxectivo da obra é a diminución de vertidos de augas pluviais derivadas da zona do parque tecnolóxico na canle do río.
O Concello de Nigrán solicita de Augas de Galicia a autorización de obras no lugar de Porto do Molle, parroquia de San Pedro da Ramallosa (Santa Baia). A tales efectos o Boletín da provincia desta xornada publica os detalles da obra (Expediente: DH.W36.49725) e sinala que o expediente ábrese a información pública por 20 días, segundo prescribe o Regulamento do dominio público hidráulico.
UCN esixe axilizar a aprobación das tarifas do servizo de taxi urbano en #Nigrán.
O partido independente, Unión Centrista de Nigrán (UCN), por medio do seu portavoz, Antonio Fernández, suscitou no pasado pleno ordinario de xullo, un Rogo ao goberno local, no sentido de que se axilicen os trámites administrativos no expediente de aprobación das tarifas do servizo urbano de Taxi no municipio, recollendo así, sinalan, "a inquietude e preocupación do citado colectivo polo que entenden unha demora inxustificada para a súa aprobación definitiva, situación que está xerando un grave prexuízo económico aos autónomos do taxi".
Socialistas pedirán no parlamento que a Xunta manteña o convenio de abastecemento ás parroquias de #Nigrán
O grupo parlamentario considera a súa revogación un asunto de "extrema gravidade" e a vincula a unha decisión "político partidaria"
Juan González, alcalde de Nigrán, afirma que "con ou sen axuda da Xunta" a obra se levará a cabo
O PsdG-PSOE pedirá que se debata na mesa parlamentaria da comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos unha proposición non de lei co fin de que o propio Parlamento inste á Xunta de Galicia a manter o convenio de 2013 que incluía o abastecemento de auga a Parada e outras parroquias de Nigrán.
Sinalan que o Pleno do Concello de Nigrán aprobou o pasado xoves 30 de xullo con tódolos grupos a favor o citado acordo pese a que o 27 de xullo o organismo Augas de Galicia comunicou por escrito a súa revogación do mesmo "por incumprimento" (feito rexeitado por tódolos partidos). Tamén por unanimidade, decidiuse engadir unha enmenda para solicitar a Augas de Galicia que deixe sen efecto a súa decisión e, de non producirse tal revogación, facúltase á Alcaldía a acudir aos tribunais.
#Nigrán : Multitudinaria convocatoria da Romaría da Virxe da Saúde na parroquia de Parada
A parroquia de Santiago de Parada está a celebrar cunha concorrencia multitudinaria a Romaría da Virxe da Sáude. Os actos relixiosos do sábado ás 12 e 18 horas foron seguidos por centos de devotos na procura das bendicións milagreiras da virxe.
#Nigrán : Auxilian en Patos a un surfista a piques de accidentarse.
O Centro de Atención ás Emerxencias rexistrou esta tarde o rescate a un surfista que se atopaba en apuros en Nigrán, na praia de Patos.
Foi un viandante quen rescatou á persoa, que se atopaba a uns dous quilómetros da costa, segundo fontes de Emerxencias.
O cambio a iluminación LED permitirá aforrar a #Nigrán entre un 50% e 80% o custe do alumado público.
A medida, enmarcada nun proxecto piloto da Deputación, permitirá rebaixar o consumo entre un 51% e 80%
O Concello de Nigrán participa nun proxecto piloto da Deputación que permite trocar as lámpadas convencionais de sodio por iluminación LED de baixo consumo. Os traballos de reposición realizáronse ao longo deste semana e xa están culminados, anuncia a administración local.
A Xunta de Galicia comprométese a “darlle o impulso definitivo” ao PXOM de #Nigrán.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, para analizar a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio. Trala reunión, Rivas manifestou a intención da Xunta de "darlle o impulso definitivo e acadar a súa aprobación total".
Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que na actualidade a Xunta non ten pendente a emisión de ningún tipo de informe urbanístico, xa que, sinala, o informe previo á aprobación inicial (IPAI) emitiuse en abril de 2012.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL