Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os recibos do IBI en #Nigrán baixarán un 4% de media a partir de 2016.

Os recibos do IBI en #Nigrán baixarán un 4% de media a partir de 2016.

Correo-e Imprimir PDF
costa-litoral-nigran

O Concello de Nigrán adhírese a unha proposta de Facenda para rebaixar o imposto de bens inmobles do 0,60% ao 0,52%

A medida xa asinada polo alcalde suporá un aforro para os veciños e unha diminución nas arcas municipais de 192,631,74 euros a partir de 2016, segundo un comunicado muncipal

O goberno de Nigrán acordou a rebaixa en oito puntos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o vindeiro exercicio do ano 2016. Así llo comunicou o propio rexedor Juan González á Dirección Xeral do Catastro o 27 de xullo de 2015 mediante a solicitude de aplicación aos valores catastrais de bens inmobles urbanos aos coeficientes que estableza ao efecto a Ley de Presupuestos Generales del Estado para o 2016. Esta rebaixa se adhire polo pronto á posibilidade ofrecida dende o propio Ministerio de Facenda.

A medida, que entrará en vigor no municipio no vindeiro exercicio 2016, suporá unha diminución de 192,631,74€ nos ingresos da administración local, pero ao mesmo tempo “é un aforro para os veciños de Nigrán aos que continuadamente se lle estaba aumentando a presión fiscal”, sinala a administración socialista.

“É o momento de pensar nos veciños. Non se trata dunha baixa que merme sobre maneira os ingresos da administración local, pero si suporá unha rebaixa media dun 4% nos recibos das familias de Nigrán e que seguramente lles axudará no seu día a día” afirma González

O goberno socialista sinala que dende o goberno de Nigrán “estase a traballar no orzamento do ano 2016 e tratarase de compensar este menor ingreso sen que elo supoña incrementar taxas e impostos aos cidadáns”.