A Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar informa sobre a dispoñibilidade das últimas prazas do curso de Auxiliar de Enfermería en Geriatría. O devandito curso está dirixido a persoas desempregadas, cuxo requisito necesario é posuír formación na rama sanitaria.
Economía
Cursos de formación online para mulleres no CIM de Gondomar
O Centro de Informacion a Muller da Concelleria de Igualdade do Concello de Gondomar informou onte a oferta formativa on-line que dará comezo a finais deste mes de agosto.
Cursos de Windows e internet, contabilidade, deseño, ofimática e inglés, serán o abanico de formativo para esta convocatoria.
Este sería o terceiro ano na que o CIM organiza estes cursos baixo esta modalidade de formación en liña, que permite unha maior flexibilidade para o alumnado dos cursos. Ao igual que edicións anteriores os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación cada un, e estarán destinados para mulleres empregadas e desempregadas.
Abertos prazo de inscrición curso de "Creación de Blogs" en OMIX Gondomar.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do curso de "Creación de Blogs", que se celebrará durante o próximo mes de setembro no Centro Neural.
Aberto o prazo de inscrición do curso "Taller de Coiro" organizado pola OMIX en Gondomar.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do "Curso de Coiro", pertencente o Plan de Acción Municipal, que se celebrará durante o próximo mes de setembro e outubro.
Créditos de ata 25.000€ sen aval para emprendedores da provincia a través da Deputación e La Caixa.
A Deputación de Pontevedra e Microbank-La Caixa asinaron un convenio para ofrecer microcréditos por un importe máximo de 25.000 euros a emprendedores da provincia. Destinarase en total un millón de euros para financiar proxectos de autoemprego a pequenos empresarios, que -salvo se o titular é persoa xurídica-- non terán que achegar ningún aval, senón contar cun proxecto viable para a súa iniciativa.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL