Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Nova convocatoria para o curso de manipuladores de alimentos en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

 

tapas pinchosO Concello de Nigrán, a través da concellaría de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, abre unha nova convocatoria para os cursos de manipuladores de alimentos no municipio. As inscricións a este curso en prácticas correctas de hixiene para manipuladores de alimentos estarán abertas todo o ano e pódese anotar ao teléfono 676 209 079. Os cursos se celebrarán nas instalacións municipais do Centro Antena.

Emprego. Nigrán busca xuiz de paz e convoca unha oferta pública de emprego

Correo-e Imprimir PDF

Concello de NigránO BOP de Pontevedra publica hoxe a convocatoria pública de emprego para a designación de un Xuiz de Paz titular do Concello de Nigrán.

As candidaturas poderán presentarse no concello de Nigrán nun prazo de 20 días hábiles contados apartir de mañá.

O rescate do sistema financeiro español está en marcha.

Correo-e Imprimir PDF

ministro-Economia-Luis-Guindos- Texto completo do anuncio do ministro de Economía Luis de Guindos.

Na xornada deste sábado 9 de xuño, o ministro de Economía, Luis de Guindos, anunciou que "el gobierno español declara su intención de solicitar financiación europea para la re-capitalización de los bancos españoles que la necesiten". O texto lido polo ministro durante a súa comparecencia -en solitario- ante os medios non menciona o termo "rescate", nin as cantidades da axuda solicitada. Nembargante, baseados na documentación feita pública polo Eurogrupo, se disporá duns 100 mil millóns de euros para que o Estado español faga fronte á crise da banca.

Máis do 15% da poboación activa do Val Miñor está afectada pola falla de traballo.

Correo-e Imprimir PDF

 

oficina inem val minor-O desemprego fica nos 4.747 casos no Val Miñor por segundo mes consecutivo.

Mentres o rexistros oficiais do paro amosan co respecto ao pasado mes de abril unha caída do 0,37% en Galicia, e dun 0, 31% na provincia de Pontevedra, no conxunto do Val Miñor o número ficou nos mesmos 4.747 casos. Deles, 1.734 corresponden a Nigrán, 1.801 a Gondomar e 1.212 a Baiona. Neste último concello, cunha baixa (por cuarto mes consecutivo) do -1,22% co respecto a abril.

Curso gratuíto de Redes sociais e empresariais no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Curso de redes sociaisA Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, inicia un curso de Redes, orientado a coñecer como funcionan tanto as redes sociais como empresariais e manexarse nelas cuns mínimos de seguridade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL