Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Convocatoria pública de emprego para 8 prazas de aux. de policía local en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Nigrán convoca 8 prazas de auxiliares de policía local para este verán

O concello de Nigrán publicou o pasado 4 de abril no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria  de oferta de emprego para a selección de 8 prazas de auxiliar de policía local, con carácter de persoal laboral temporal por un período de tres meses, polo procedemento de oposición libre.

O tipo de contrato será laboral temporal por acumulación de tarefas e de 40 horas semanais cunha retribución mensual bruta de 1104,54 euros por tódolos conceptos incluídas as pagas extraordinarias prorrateadas.

Ollo aos correos electrónicos da "suposta" Axencia Tributaria

Correo-e Imprimir PDF

aeat pishingA Axencia Estatal da Administración Tributaria comeza a campaña de declaración do IRPF do ano 2011 e nestes días comezan a cruzarse milleiros de mensaxes de información ao respecto.

A Policía Nacional advirte novamente de novos casos de fraude electrónico coñecidos como "pishing" no que os usuarios reciben correos suplantando a identidade de bancos, caixas, e neste caso da propia Axencia Tributaria.

Agás en Baiona, os datos oficiais do desemprego volven a ser negativos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Os datos oficias do desemprego para o Val Miñor arroxan novamente datos negativos ao peche das estatísticas o pasado 31 de marzo. Xa son 4.850 os veciños empadroados na bisbarra que perderon a súa fonte de traballo. En números absolutos medra en 34 casos con relación a febreiro. A situación máis grave rexístrase no concello de Gondomar con 1.807 casos que comprometen a situación económica do 18,28% da súa poboación activa. Baiona, por segundo mes consecutivo rexistra un leve descenso con 9 casos menos co respecto a xaneiro, aínda que o paro castiga ao 14,77% da súa poboación en idade de traballar. En Nigrán, o desemprego alcanza a 1.780 persoas, o que equivale ao 14,50% da súa poboación activa.

Sindicatos convocan a unha asemblea informativa no Val Miñor cara a folga xeral do 29 de marzo.

Correo-e Imprimir PDF

folgaxeralAs centrais sindicas CCOO e UGT convocan a unha xuntanza na bisbarra do Val Miñor a fin de informar sobre os contidos e repercusións da actual reforma laboral, así como dos fundamentos da folga xeral a desenvolverse o vindeiro xoves 29 de marzo. Con carácter de asemblea aberta a todo público, a reunión terá lugar este xoves 22 de marzo ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Vincios.

As protestas contra o "curraliño" das preferentes encheron de pitos e berros a vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Un grupo próximo a vinte veciños da bisbarra do Val Miñor fixeron un novo acto de protesta ás portas na sede en Gondomar de NovaGaliciaBanco, durante a mañá deste luns. Pitos, bucinas e denuncias a toda voz, alertaron aos viandantes que transitaban las principais rúas da vila. Os afectados reclamaron solucións e responsabilidades ás entidades bancarias que lles venderon as participacións preferentes sen alertalos do "curraliño" no que entraban os seus aforros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL