Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Curso en Gondomar para traballadores activos, desempregados ou autónomos da Construción.

Correo-e Imprimir PDF

Casco-Albanil-300x240Están abertas as inscricións para participar dun curso inicial de Prevencións en Riscos Laborais organizado pola Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar e a Fundación Laboral da Construción. O mesmo desenvolverase o día 29 de marzo no Centro Neural do concello de Gondomar, en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 h.

A excepción de Baiona, o paro medra no Val Miñor por riba da media provincial e autonómica.

Correo-e Imprimir PDF
Oficina de Emprego do Val MiñorA crise do emprego convértese mes a mes no drama maior das familias e veciños da bisbarra. Febreiro botou 81 persoas máis ao paro, elevando -segundo datos oficiais- a 4.816 o número de desempregados no Val Miñor, alcanzando case o 16% da súa poboación activa . Gondomar segue á cabeza cun total de 1.780 casos, pero Nigrán foi o máis afectado neste mes con 51 despidos laborais. Mentres a media do incremento do desemprego en Galicia foi dun 1,25%, e dun 1,55 na provincia de Pontevedra, en Nigrán alcanzou o 2,97% e en Gondomar o 1,66%. Baiona rexistrou un caso máis con respecto ao mes de xaneiro, situándose moi por de baixo destes promedios.

Baiona xestiona as convalidacións de experiencia laboral para titulacións oficiais de montaxe de tubaxe industrial e hostelería

Correo-e Imprimir PDF

As operacións básicas de restaurante bar terán convalidación - Imaxe: Javi Vte RejasO concello de Baiona pon a disposición das persoas interesadas en solicitar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou a formación non formal, o asesoramento necesario para tramitar o expediente que lles outorgará a convalidación de título oficial.

Os traballadores do Parador de Baiona reclaman unidade ás centrais sindicais contra a reforma laboral.

Correo-e Imprimir PDF

paradorBaionaOs traballadores do Parador de Baiona decidiron apoiar tódalas mobilizacións que se convoquen en contra da reforma laboral. No día de onte e logo de manter unha reunión do Comité de Empresa e unha asemblea informativa cos traballadores, asinaron un comunicado público onde subliñan que a reforma terá un efecto negativo sobre a crise e chaman á unidade das centrais sindicais deixando a un lado as diferenzas existentes entre elas, "co obxectivo de conseguir a unidade da clase obreira en contra de unha reforma laboral inxusta e claramente ineficaz".

Os sindicatos rexeitan a reforma laboral, pero divididos na estratexia e sen unidade de criterios.

Correo-e Imprimir PDF

faltaunidad
A reforma laboral aprobada polo Executivo do presidente Mariano Rajoy, o pasado 10 de febreiro, coloca aos sindicatos maioritarios de Galicia nunha posición radical e oposta aos seus contidos. Nembargante, as distintas centrais de traballadores non lograron unificar criterios nin estratexias nesta primeira semana. Mentres a CNT xa fixo unha concentración o pasado mércores, CCOO e UGT convocan a unha manifestación para o vindeiro domingo, e a CIG sinalou hoxe a data para unha folga xeral en Galicia de xeito unilateral.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL