Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Aberto o prazo de solicitude das axudas de 360€ para as familias con fillos menores de 3 anos

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe: CHRIS230A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ven de facer público as bases da  para a solicitude da concesión das axudas ás familias con fillos ou fillas menores de 3 anos a cargo. O importe da axuda ascende a 360 € por neno/a.

Aberto o prazo de inscrición nos cursos para autónomos e desempregados

Correo-e Imprimir PDF

cursos online_mullerO Concello de Nigrán en colaboración coa Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, abren o prazo para a inscrición nos cursos de formación gratuítos dirixidos, preferentemente, a autónomos que desexen formarse en temas como a prevención de riscos laborais, a información turística e o manexo de carretillas elevadoras.

O proxecto ECONAT buscará a formación dos xestores de espazos protexidos

Correo-e Imprimir PDF

Marcos Arias, xerente de Espazo Ensina, Alberto Valverde e o xerente de Irma.O Concello de Nigrán acolleu onte a presentación do proxecto europeo ECO-NAT de transferencia da innovación e boas prácticas. Este proxecto está enmarcado no programa Leonardo dá Vinci dos programas de aprendizaxe permanente da Unión Europea. A asociación transnacional encargada de levar a cabo este proxecto está liderada pola empresa Espazo Ensina, de Nigrán, e conta con seis socios de diferentes países europeos (Islandia, Letonia, Bulgaria, Rumania e España) e un orzamento cofinanciado polo Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE) de 300.000€

Baiona busca a ocupación hoteleira con prezos máis atractivos

Correo-e Imprimir PDF

parador baiona

A concellería de Turismo de Baiona reuniuse o pasado venres na sala de comisións do Concello de Baiona, cos representantes do sector hostaleiro da vila, para explicarlles o proceso que se levará a cabo na adxudicación da prestación do servizo de elaboración, desenvolvemento, promoción e comercialización de paquetes tusrísticos para Baiona. O pliego de condicións foi publicado no B.O.P o día 8 de febreiro, e as empresas que desexen concurrir a este concurso terán de prazo ata o próximo 23 de febrerio para presentar as súas propostas.

Os afectados do "curraliño" de NGB concentraranse hoxe en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

protesta ngb_vigoA plataforma de afectados das "participaciósn preferentes de NovaGaliciaBanco" manifestaron onte, despois da concentración en Vigo, que non cesarán as súas mobilizacións ata recuperar os seus aforros.

Os antidisturbios protexen a oficina central dun intento de toma por parte dos afectados polas accións preferentes. Dous mil galegos teñen os seus aforros retidos por este opaco produto.

A plataforma de afectados do Val Miñor convocan para hoxe venres ás 10:30 unha protesta informativa diante da oficina de NGB en Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL