Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Mabel Ribera presentará hoxe o documental El Salario del Silencio, en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A actriz galega presentará o documental El Salario del SilencioO venres 2 de novembro de 2007 terá lugar a segunda das TERTULIAS DO IEM. Nesta ocasión estará a invitada e tertuliana será a actriz e productora Mabel Rivera que presentará o filme "El salario del Silencio". Documental que aporta un punto de vista obxetivo á problematica da planta de gas de Mugardos, na ría de Ferrol.

Continúa a mostra de teatro de Gondomar con Skéne Teatro

Correo-e Imprimir PDF
Este sábado 3 de novembro, a Mostra de Teatro de Gondomar continúa coa participacion da compañía Skéne Teatro que porá en escea a obra "A asamblea das mullere".  Unha divertida comedia clásica do gran dramaturgo Aristófanes.

Na procura de cincuenta mártires

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Lois Vilar e Ana Rodríguez amosan a fosa común do camposanto de Baiona. / jesús de arcosAs homenaxes ós represaliados do réxime franquista non son suficientes se o que se pretende é dignificar os que morreron pola causa republicana. Por iso, a Fundación Volta dos Nove e o Instituto de Estudos Miñoranos pretenden excavar as fosas comúns dos cemiterios de Baiona e San Xián, no Rosal. Alí se atopan, segundo as investigacións, once corpos de homes asasinados a mans de fascistas.

Nove Dous teatro abre este sábado a mostra de teatro Roberto Vidal Bolaño en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Obra de teatro fóra de xogoO grupo de tratro ourensán Nove Dous Teatro será o encargado de abrir un ano máis a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar. Este sábado 27 de outubro ábrese a mostra coa comedia Fóra de Xogo de Novedous Teatro.

O regreso á escola será o tema da nova sesión de CONTOMAR este luns

Correo-e Imprimir PDF
Anterio sesión de Contomar - Foto Fran AlonsoLogo do éxito do comezo da nova tempada das sesións de contacontos do programa CONTOMAR o pasado luns, que contou coa presenza de máis de 40 nenos e nenas, o próximo luns haberá unha nova sesión dedicada ao tema do regreso á escola, con contos como "O primeiro día de escola de TEO", "Iago vai á escola" ou "Mila vai á escola", historias que nos permitirán reflexionar cos nenos e nenas sobre o cambio de hábitos que supón a fin do verán e o comezo das clases. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL