Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Tertulia con Rosa Faraldo

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 4 de maio terá lugar a penúltima TERTULIA DO IEM 06-07 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar.
Nesta xornada contará coa participación da Psicóloga do Centro de Información da Muller de Baiona Rosa Faraldo. Veciña de Gondomar. Técnica en violencia e especialista en políticas de xénero. Forma parte do grupo de coordinación Avalia, dedicado á elaboración de programas e proxectos para mulleres. Coordina o programa Europeo interrexional EQUAL-IGUALDADER de promoción da muller no medio rural.  Antiga Directora do Centro de Día de Alecrín. Coautora do Plan de Prevención da violencia de xénero do Concello de Vigo, e Autora de numerosos Planos de igualdade de varios concellos, entre eles Baiona.

Presentación da revista número 5 do IEM

Correo-e Imprimir PDF
Amigos/as do IEM: O próximo venres 27 de abril ás 20:30 h. na Capitanía Marítima de Baiona (rúa Elduayen) terá lugar o acto de presentación a REVISTA DE ESTUDOS MIÑORANOS. Trátase do número 5/6 correspondente aos anos 2005/06.

Para que vos fagades unha idea do seu contido indicámosvos o índice deste número. O químico e profesor do IES Escolas Proval Salvador Rodríguez Muñoz fornécenos unha achega a Os estudos metereolóxicos no Val Miñor no primeiro terzo do século XX. Pola súa banda a arqueóloga e directora do Proxecto de Investigación Chan do Cereixo, promovido polo IEM coa axuda da Fundación Barrié de la Maza , Rosa Villar Quinteiro achéganos unha Breve memoria do proxecto de investigación arqueolóxica na Chan do Cereixo, Donas, Gondomar. Resumo da campaña de traballo de campo 2006.

Os dous de Chaín

Correo-e Imprimir PDF
A Antonio Araúxo por Carlos Méixome.
Foron as súas vidas paralelas. Naceron, case a un tempo, no alborexar do século pasado. De mozos andaron á procura de sustento ata acougar neste pequerrecho val regado por un Miño cativeiro e asentarse no Chaín pendurado das abas do Galiñeiro camiño de Morgadáns. Entre nós foron proletarios da terra. Andaban ao xornal, ás veces sachando vides ou milleirais, outras batendo croio para facer as estradas que a ditadura primoriverista iniciou e a breve república continuou.

Aquí namoraron cadansúa galega. Casaron e tiveron fillos. As súas mulleres herdaron algunha que outra terra de labor que traballaron con ansias mentres seguían a ir ao xornal e anotados no “Sindicato de la Edificación de Gondomar y sus contornos” para que os chamasen como peóns “camineros”.

João Madureira presenta o seu libro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A LIBARRÍA LIBRAIDA E O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS presenta unha nova edición das Tertulias "QUEREMOS TANTO OS LIBROS " o Martes, 27 de Marzo, as 20:30 h. na Libreria Libraida de Gondomar.  

Nesta xornada João Madureira, fará a presentación do seu libro "Crónica triste de Névoa " Chaves: Editorial O livreiro, 2004. 

João Madureira apresenta a sua primeira obra de vulto
Foi perante uma sala à pinha (O Livreiro) que na passada sexta-feira, 19 de Março, foi apresentada aos flavienses interessados nos fenómenos da cultura, o primeiro livro de ficção de João Madureira.

Tertulia con Pepe Carreiro na galería Iván Morillas de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Os Bolechas van de Viaxe - O poldro de GondomarO próximo xoves 1º de marzo ás 20:30 h. na Galería de Arte Iván Morillas de Sabarís (rúa Xulián Valverde, 64, Sabarís, Baiona) e dentro do ciclo A ARTE E A PALABRA estará con nós o debuxante Pepe Carreiro que será presentado por Rosana Estévez do Instituto de Estudos Miñoranos.

Entre os múltiples traballos do debuxante Pepe Carreiro acadaron enorme popularidade os célebres Bolechas quenes xa correron aventuras polos concellos do Miñor  http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=650  http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=7780   polo que a actividade é moi recomendable para todas as idades.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL