Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Tertulia do IEM có teólogo e historiador Francisco Carballo

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe de Carballo, FranciscoCo novo ano reanúdanse as TERTULIAS DO IEM: O Autor e a súa Obra. O próximo venres12 de xaneiro ás 20:30 no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar) estará con nós o sacerdote, teólogo e historiador FRANCISCO CARBALLO . Será presentado polo concelleiro de Gondomar, Antonio Araúxo Quintas.

Galiza ten unha débeda con este ilustrado orixinario do concello de Maceda. El preferencia as súas orixes na aldea de Celeirón, ao abeiro do Val do Medo, preto do igrexario de Asadur. A súa entrega a prol deste país é absoluta e inequívoca. F. Carballo, que chegou a reito do teologado dos P.P. Paúles en Salamanca, puido facer carreira eclesiástica dende arriba e acadar algo semellante ao que conseguíu o Cardeal Quiroga Palacios pero optou polo cristianismo de base. Para máis inri fixo o reencotro en Vigo (1973) e dende unha óptica marxista e nacionalista: en primeira liña até 1985 no eido político (BNG), na docencia (UTEG), no xornalismo (A nosa Terra), asociacionismo (Cultural de Vigo), na investigación, na relixión (Irimia)...

A Arte e a Palabra con Paula Barreiro

Correo-e Imprimir PDF
O xoves catro (4) de xaneiro ás 20:30 horas terá lugar a primeira das tertulias A ARTE E A PALABRA deste novo 2007 que como sempre celebrarase na GALERÍA DE ARTE IVÁN MORILLAS (r/ Xulián Valverde, Sabarís, Baiona)

Nesta ocasión a nosa convidada será a miñorá, licenciada en Arte pola Universidade de Salamanca e doutora pola Complutense, PAULA BARREIRO LÓPEZ que nos achegará a súa visión da arte normativa española tema que desenvolveu na súa tese de doutoramento Arte Normativo español. Procesos y principios para la creación de un movimiento que, no ano que rematou, foi publicada polo Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Manuel Janeiro presentará su libro â??Pucho o habitador dos telladosâ?? en Lib

Correo-e Imprimir PDF
Dentro do ciclo de Tertulias Literarias “Queremos tanto os libros” que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos coa colaboración da Libraría Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro,13) o próximo martes 19 de decembro terá lugar a presentación da novela “Pucho, o habitador dos tellados” (Ed. Kalandraka) polo seu autor Manuel Janeiro Casal. O autor (tamén deseñador e profesor no Colexio Martín Codax de Vigo), veciño de Gondomar, será presentado polo concelleiro Antonio Araúxo Quintas. Como é costume o acto dará comezo ás 20:30 horas.

A pedagoga Antía Cal, nas tertulias do IEM

Correo-e Imprimir PDF
O Colexio Rural Agrupado de Gondomar leva o seu nome
O próximo venres, 1 de decembro, terá lugar a segunda das TERTULIAS DO IEM deste curso 2006-07. Como é costume será ás 20:30 h. no Pazo da Escola. Nesta ocasión estará con nós a pedagoga Antía Cal que exerceu durante anos o seu maxisterio no Colexio, do que foi fundadora e directora, Rosalía de Castro de Vigo.
A súa profunda pegada como pedagoga fixo que o Colexio Rural Agrupado de Gondomar decidise, no seu momento, homenaxeala poñéndolle o seu nome. Na actualidade segue con paixón o mundo educativo e sobre os retos actuais do ensino falará na Tertulia do IEM.

Antonio Palacios no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
normal_DSCN1369.jpgA Galería de Arte Iván Morillas (r/ Xulián Valverde, Sabarís, Baiona) acollerá a charla “A OBRA DO ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS NO VAL MIÑOR” que pronunciará o profesor Xosé María Ramón Iglesias Veiga o xoves 16 de novembro de 2006 ás 20:30 h. nos locais da Galería de Arte Iván dentro do ciclo “A Arte e a Palabra” que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos.
Antonio Palacios deixou pegadas da súa obra no Val Miñor, tanto no proxecto da Virxe da Rocha baionesa como nos dous chalés que realizou en Praia América pero sobre todo foi no Templo do Mar de Panxón onde Antonio Palacios desenvolveu toda a súa enorme capacidade creativa. Todas estas obras serán analizadas polo profesor Iglesias Veiga. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL