A Semana da Ciencia celébrase en toda Europa e ten por misión darlle unha volta ao coñecemento. Pon o acento en amosarlles máis que en contarlles aos cidadáns como a ciencia inflúe nas súas vidas: dende os trebellos máis simples de andar pola casa até a técnica máis sofisticada. Para lograr isto celébranse arredor dun cento de actividades que buscan azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible, aínda que os máis novos, e os que conservan un espírito xuvenil, son os máis habituais da Semana da Ciencia.
>> Descargar manual do cursoEste ano, o tema central da Semana da Ciencia é a neurociencia –con motivo da conmemoración do centenario da concesión do Premio Nobel a Santiago Ramón y Cajal-. Con este pretexto, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación promove a celebración de máis de 30 actividades directamente relacionadas co tema: exposicións, conferencias, teatro e cafés científicos, baixo o título de "Un mundo na túa cabeza", que percorrerán toda a xeografía galega entre novembro e decembro cun feixe de experimentos, xogos e conversas sobre esa parte tan sorprendente de nós: a mente.
O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da
Xunta de Galicia, organiza entre o 6 e o 12 de Novembro a actividade
: "A Foz: unha aula ao aire libre".