Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Foz do miñor na Semana da ciencia

A Foz do miñor na Semana da ciencia

Correo-e Imprimir PDF
A Semana da Ciencia celébrase en toda Europa e ten por misión darlle unha volta ao coñecemento. Pon o acento en amosarlles máis que en contarlles aos cidadáns como a ciencia inflúe nas súas vidas: dende os trebellos máis simples de andar pola casa até a técnica máis sofisticada. Para lograr isto celébranse arredor dun cento de actividades que buscan azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible, aínda que os máis novos, e os que conservan un espírito xuvenil, son os máis habituais da Semana da Ciencia.
 >> Descargar manual do curso
Este ano, o tema central da Semana da Ciencia é a neurociencia –con motivo da conmemoración do centenario da concesión do Premio Nobel a Santiago Ramón y Cajal-. Con este pretexto, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación promove a celebración de máis de 30 actividades directamente relacionadas co tema: exposicións, conferencias, teatro e cafés científicos, baixo o título de "Un mundo na túa cabeza", que percorrerán toda a xeografía galega entre novembro e decembro cun feixe de experimentos, xogos e conversas sobre esa parte tan sorprendente de nós: a mente.

O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da
Xunta de Galicia, organiza entre o 6 e o 12 de Novembro a actividade: "A Foz: unha aula ao aire libre". Durante todas as mañans grupos de escolares dos diferentes Institutos da comarca, en compañía dos seus profesores e dirixidos por monitores especializados, participaran nunha clase ao aire libre sobre a importancia dos humedais como recurso económico, a súa función de regulación hídrica, o seu papel na migración das aves, e a necesidade da súa conservación de cara ao mantenimento da biodiversidade e o desenvolvemento sostible. E todo acompañado da observación dos paxaros que habitualmente invernan na Foz da Ramallosa para o que se contara cos instrumentos ópticos axeitados: prismáticos e telescopios, e un pequeno caderno de campo realizado para a ocasión. 

Na actividade participaran arredor de 300 alumnos/as de 2º, 3º e 4º de ESO dos IES Val Miñor, Escolas Proval, Auga da Laxe, Covaterreña e 1º de Marzo. 

No domingo realizarase a mesma actividade, pero esta vez entre as 12,30 e as 14,00 e dirixida a todas aquelas personas que queran participar. O punto de reunión é o Paseo da Foz, fronte a vella estación do tranvia. 

Máis información ou contacto www.minhor.org 
http://www.semanadaciencia.org/actividade.php?id=1&lg=gal