![Instituto de Estudios Miñoranos Instituto de Estudios Miñoranos](https://valminor.info/images/topics/iem.jpg)
No acto ademais das autoras participará o biólogo, profesor e membro da xunta de Goberno do Instituto de estudos Miñoranos Fernando Lahuerta. O libro editase na colección Os Cadernos do IEM, sendo este o número 10 dos publicados nesta colección.
Ao pasear pola parte alta da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar, chama a atención de calquera observador a presenza de numerosos outeiros rochosos, coñecidos aquí como cotos. Non podemos dicir que este tipo de formacións sexan unha rareza nun país granítico como é o suroeste de Galicia; o que os fai singulares é o feito de atopárense en gran número dentro dunha área relativamente pequena, emerxendo entre as casas e os campos dos barrios de Regodagua, Castelo, Igrexa, Pintor e Pedrouco.