Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Manuel Janeiro presentará su libro â??Pucho o habitador dos telladosâ?? en Lib

Manuel Janeiro presentará su libro â??Pucho o habitador dos telladosâ?? en Lib

Correo-e Imprimir PDF
Dentro do ciclo de Tertulias Literarias “Queremos tanto os libros” que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos coa colaboración da Libraría Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro,13) o próximo martes 19 de decembro terá lugar a presentación da novela “Pucho, o habitador dos tellados” (Ed. Kalandraka) polo seu autor Manuel Janeiro Casal. O autor (tamén deseñador e profesor no Colexio Martín Codax de Vigo), veciño de Gondomar, será presentado polo concelleiro Antonio Araúxo Quintas. Como é costume o acto dará comezo ás 20:30 horas. Pucho, o habitador dos tellados  

No ano 1951 ou 52 ou 53, como moito en 1956, vivía en Madrid unha familia composta por un pai e un fillo. Vivían nun barrio que miraba ao oeste, nunha rúa que se chamaba Mediodía Grande. A súa casa era o derradeiro piso... Ata o horizonte, ata no solpor, ata nas mesmas nubes, había tellados.
-Ves Pucho, cantos tellados? Seica é o campo -dicía o pai cando saían...
Un libro especial, para tod@s. Un libro para sempre...
Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con descripcións precisas e evocadoras. Paisaxes, emoción sentimentos e situacións xurden na imaxinación do lector grazas sensibilidade coa que o autor desgrana a vida do protagonista, víctima dun dos episodios -a dictadura- máis desgarradores da nosa historia.
As ilustracións de Juan Ramón Alonso transpórtannos ao Madrid dos anos 50 e preséntannos a Pucho risoño e inocente. O artista combina os seus debuxos a lapis con fotografías reais dos espazos nos que se ambienta a historia. O resultado é un traballo creativo sinxelo e elegante, en consonancia coa calidade da obra literaria. 

Sobre o autor  

http://www.galegos.info/detalle.php?id=1737&tabla=gallegos