Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Palabras contadas, con Camilo Franco en Libraida

Correo-e Imprimir PDF
Continuando coas tertulias literarias "Queremos Tanto os Libros" o próximo martes 27 de Febreiro, as 20:30 h. CAMILO FRANCO ,escritor e xornalista, presentaranos o seu libro PALABRAS CONTADAS de Edicións Xerais, na libraría  Libraida en Gondomar 

Máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, compoñen a obra "Palabras contadas" de Camilo Franco. Aproveitando a versatilidade da literatura breve, o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, os temas e os xéneros máis característicos da narración.

Incendios e inundación nas tertulias do IEM con Francisdo Día

Correo-e Imprimir PDF
O catedrático da edafoloxía da USC, Francisco Díaz Fierros, será o convidado.

O próximo venres 2 de febreiro ás 20:30 h. no Pazo da Escola de Mañufe, en Gondomar terá lugar a cuarta das TERTULIAS do IEM deste curso organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos.
Como é costume tras a charla coloquio aberta ao público terá lugar unha cea co noso convidado. Para asistir á mesma é necesario facer reserva en chamada ao 680 644 490. 

Nesta ocasión estará con nós o profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela, presidente do Seminario de Estudos Galegos e vicepresidente do Consello da Cultura Galega. 

Queremos tanto aos libros - Historia da educación e da cultura en Galicia

Correo-e Imprimir PDF
O INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS e a LIBRARÍA LIBRAIDA organizan un ha nova sesión das tertulias “QUEREMOS TANTO OS LIBROS “ que terá lugar o martes, 30 de Xaneiro , as 20.30 h. co profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago,Antón Costa Rico (ver adxunto) que falará do seu libro “Historia da educación e da cultura en Galicia”
(ver adxunto).
O autor será presentado polo profesor do ISM de Panxón Henrique Porto.

Presentación dos últimos libros dos filólogos Xulián Maure e Gonzalo Navaza

Correo-e Imprimir PDF
O venres 26 de xaneiro ás 20:30 h. na Comandancia de Mariña de Baiona (rúa Elduayen) e organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a presentación dos libros Para unha escriptoloxía do Galego de Xulián Maure Rivas e Fitotoponimia galega de Gonzalo Navaza Blanco.
Os dous volumes veñen de ser editados pola Fundación Barrié de la Maza dentro da Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da Lingua Galega.
No mesmo intervirán os dous autores, filólogos, profesores e veciños do Val Miñor que serán presentados polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.

Acto de entrega do Premio Nano Cambeiro de xornalismo a valminor.info

Correo-e Imprimir PDF

O venres 19 de xaneiro seralle entregado o IV PREMIO DE XORNALISMO NANO CAMBEIRO á páxina web VALMINOR.INFO e ao seu director PEDRO TELMO RODRÍGUEZ CASTRO.
O premio, creado polo Instituto de Estudos Miñoranos en memoria do xornalista falecido NANO CAMBEIRO, consiste nunha escultura de FERNANDO CASÁS .

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, fíxose pública a súa resolución ao cumprirse o quinto aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro e o próximo venres 19 de xaneiro de 2007 ás 20:30 h. nos locais da Comandancia de Mariña de Baiona (rúa Elduayen). 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL