Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Antonio Fernández Comesaña ofrece a Louzán unha integración UCN - PP Nigrán sen Alberto Valverde.

Antonio Fernández Comesaña ofrece a Louzán unha integración UCN - PP Nigrán sen Alberto Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Fernández Comesaña ofrece a Louzán unha integración sen Alberto Valverde.

Antonio Fernández Comesaña está disposto a manter unha nova instancia de diálogo có Partido Popular para integrar a centro dereita en Nigrán. O líder da Unión Centrista de Nigrán (UCN) entende que as declaracións do presidente provincial dos populares Rafael Louzán, son unha clara desautorización ao candidato local Alberto Valverde “responsabilizándole del fracaso en las conversaciones iniciadas con UCN”. Logo de confirmar que é certa a afirmación de Louzán de que non mantiveron ningunha conversa entre eles, Fernández Comesaña, sinalou que as principais condicións de UCN son unha serie de obras e inversións para Nigrán xa plantexadas o pasado 2 de febreiro, a renuncia de Valverde a encabezar a lista local do PP e unha “disculpa pública”, polas falsas acusacións recibidas. Por último, o concelleiro de UCN esixe que a nova instancia de diálogo teña por exclusivo interlocutor á dirixencia provincial do PP.

O rexurdir da posibilidade dun novo diálogo entre UCN e o PP, naceron o pasado xoves 10 de febreiro cando Rafael Louzán, preguntado sobre a decisión do PP de Nigrán de dar por pechadas as negociacións, respondeu categoricamente que “o PP non da nada por pechado. As candidaturas nos concellos non se van pechar ata o 23 de abril. O PP ten sempre as esperanzas intactas de poder chegar a acordos para beneficiar aos veciños do lugar”. Esta resposta de Louzán “cargábase” a lista electoral anunciada a tódolos medios polo PP de Nigrán, ademais do devandito anuncio do peche de negociacións con UCN.

Por outra banda, segundo informacións do concelleiro Antonio Fernández Comesaña, a directiva provincial do PP xa posuía dende o día 3 de febreiro un escrito da UCN onde se afirmaba que a única posibilidade de retomar un proceso de integración pasaba pola renuncia de Alberto Valverde á candidatura de Nigrán.