Unha señora de noventa anos desapareceu na tarde do martes na parroquia nigranesa de Camos. A causa da súa desaparición achacábase á desorientación para poder regresar ao fogar. Saiu pola tarde a dar un paseo como de costume, pero os familiares tiveron que avisar á poilicia cando chegaba a notie e ainda non regresara a casa.
Ver vídeo TVG
O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
Final feliz da búsqueda dunha veciña de 90 anos desaparecida en Camos
A terceira idade "rebélase" en Nigrán
Non é estraño que a polémica acompaña ás festas de maiores. O baile "agarrao" de políticos da Xunta con xubilados desata halagos e críticas, do mesmo xeito que o gasto público en convites a un dos colectivos de votantes máis apetecibles. A comida de maiores de Nigrán, prevista para o próximo día 27 de outubro, non está exenta de controversia, aínda que o problema é outro. Por primeira vez na historia do encontro da terceira idade nigranense, o goberno municipal cobrará a metade do custo do cuberto aos asistentes, 15 euros. A medida reduce o número de reservas respecto doutros anos.
A Xunta destina 400.000 euros a obras de saneamento en Nigrán
A Consellería de Medio Ambiente achegará 400.000 euros durante o próximo exercicio para diferentes obras de saneamento e abastecemento de auga potable en Nigrán.
Así o confirmou onte o titular da Xunta, Manuel Vázquez, ao alcalde, Efrén Juanes, e aos edís Juan Hermida e Juan González, durante unha reunión que mantiveron na sede da Xunta en Santiago.
A «desfeita» da calzada de Chandebrito abre a primeira crise no goberno de Nigrán
O BNG acusa ao PSOE de consentir a un militante a destrución da vía medieval
A destrución dunha calzada medieval en Chandebrito por parte da comunidade de montes abriu o primeiro dos desencontros entre socialistas e nacionalistas en Nigrán.
O Concello vincula ao agresor dun edil de Nigrán cunha vertedura ilegal

Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL