O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar
Novo colectivo de defensa da riqueza de Chandebrito
Aterraxe forzosa dunha avioneta en Porto do Molle
Os dous tripulantes da aeronave sairon ilesos despois da aterraxe forzosa nos terreos do novo parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán. A avioneta viuse obrigada a aterrar en Porto do Molle a primeira hora desta mañán ante a imposibiliade de poder facelo no aeroporto olívico por mor da néboa espesa que cubría Peinador nas primeiras horas.
A concellaría de medioambiente inicia unha campaña informativa sobre a recollida do lixo
A Concellería de Medio Ambiente do concello de Nigrán en colaboración coa empresa concesionaria do servizo de xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RSU), poñen en marcha unha campaña de concienciación para involucrar ós veciños e veciñas do Concello na mellora da xestión de recollida do lixo. O concello implanta un novo sistema de recollida de aceites domésticos usados.
A crise de Nigrán impedirá ao goberno facer investimentos no 2008
Efrén Juanes esixe ao anterior goberno que pida perdón aos veciños pola «desfeita económica». O goberno municipal de Nigrán non poderá realizar ningún investimento o ano que vén por culpa da «preocupante» situación económica herdada do goberno de Alfredo Rodríguez Millares. O alcalde, Efrén Juanes, e o edil de Economía e Facenda, Juan Antonio González, recoñeceron onte as enormes dificultades que están tendo para elaborar os orzamentos do ano que vén.
Juan Hermida valora positivamente que o PP opine sobre a implantación da Axenda 21
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Nigrán, que dirixe o concellal Juan Hermida, valora positivamente que o Partido Popular opine sobre a implantación da Axenda 21 Local e as súas implicacións no novo planemaneto urbanístico. “Sen dúbida, tódalas opinións son válidas xa que esa é a clave do proceso de reflexión colectiva que debe desenvolverse”. En palabras do Concelleiro de Medio ambiente, Juan Hermida, “estamos a facer un bo labor porque ata o portavoz do Partido Popular comprende a esencia deste proceso”.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL