Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aterraxe forzosa dunha avioneta en Porto do Molle

Aterraxe forzosa dunha avioneta en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF
A avioneta aterrizou preto da marxe do río Muiños

Os dous tripulantes da aeronave sairon ilesos despois da aterraxe forzosa nos terreos do novo parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán. A avioneta viuse obrigada a aterrar en Porto do Molle a primeira hora desta mañán ante a imposibiliade de poder facelo no aeroporto olívico por mor da néboa espesa que cubría Peinador nas primeiras horas.

Segundo informaron a Efe fontes da Garda Civil, a avioneta tipo Piper modelo PA-23-250 “Azteca”, solicitara unha aterraxe de emerxencia por un problema nun dos seus aleróns traseiros que reducían a súa maniobrabilidade. 

Ata Porto do Molle desprazáronse efectivos anti-incendios e de emerxencias para actuar en caso de que fose necesario dada a inestabilidade da superficie de xabre de Porto do Molle, agravada polos regueiros producidos pola erosión da auga esta pasada fin de semán.

O concello de Nigrán ainda non se pronunciou oficialmente sobre o acontecido, pero segundo fontes consultadas non descartan a posibilidade de que na próxima modificación do plan de sectorización, se poida reservar unha porción de terreo no parque empresarial para a realización dunha pequena pista de aterraxe ou un heliporto, unhas infraestructuras das que carece a comarca e que consideran son prioritarias para cubrir calquer emerxencia.

A empresa propietaria da avioneta estudia conxuntamente coa Garda Civil de Tráfico, a solución para trasladar aeronave ata Peinador para a súa reparación. Posiblemente o traslado da avioneta se efectúe de madrugada cun transporte de grúa especial para non entorpecer a circulación na autoestrada do Val Miñor dadas as datas actuais nas que se espera un gran movimento por mor da festividade do día dos santos inocentes.