Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sen diñeiro para brindar en Nigrán

Sen diñeiro para brindar en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Os traballadores municipais de Nigrán non brindarán este ano por Nadal. O anterior goberno municipal deixou tan empobrecidas as arcas municipais, que os actuais xestores locais xa non teñen diñeiro nin para invitar aos funcionarios o tradicional viño co que sempre se lles agasalla durante estas datas. Se queren desexarse un próspero ano novo, terán que facelo fose do Consistorio e ao terminar a súa xornada laboral.

O alcalde, Efrén Juanes, envioulles unha carta explicándolles que non queda máis remedio que apertarse o cinto e tamén lles roga que, en diante, a austeridade sexa o lema do seu traballo diario.

Continúa na Voz de Galicia