Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello nigranés remite á Xunta a conta sen aprobar do orzamento do ano 2006

O concello nigranés remite á Xunta a conta sen aprobar do orzamento do ano 2006

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán recibiu un requirimento do Consello de Contas de Galicia no que manifesta non ter constancia de recibir a conta xeral correspondente ao exercicio pasado, dándolle un prazo de quince días para cumprir con esta obrigación. Ante este requirimento, o equipo de goberno decidiu enviar a conta, a pesar de que non estea aprobada polo pleno.

O edil David Giráldez manifesta que non se puido levar ao pleno porque os grupos municipais do PP e de UCN non se responsabilizan da mesma, xa que no pleno de decembro foi convocada a comisión especial de contas para o pasado 2 de xaneiro e saltou a sorpresa cando ambos os grupos decidiron absterse e non apoiar unha conta que ambos os grupos xestionaron.

Continúa na Voz de Galicia