Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Portada

O Xornal do Val Miñor. Baiona, Nigrán, Gondomar

O concello de Nigrán adeuda 163.000 euros en programas da mancomunidade de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
O concello de Nigrán acumula débedas contraídas polo anterior equipo de goberno presidido polo popular Alfredo Rodríguez. Xa non só son os provedores os que reclaman pagos, senón tamén outras administracións. Segundo informo onte o concelleiro de economía e facenda, Juan González, a mancomunidade Intermunicipal de Vigo reclama un total de 162.363 euros por cotas impagadas desde 2003.

Nigrán derruba un edificio construído sen licenza polo anterior goberno

Correo-e Imprimir PDF
A.M.O Concello de Nigrán comezou onte a derriba da que ata fai uns días foi a sede da escola municipal de cerámica. Trátase da primeira obra pública ilegal que obriga a unha administración local a rectificar na comarca do Val Miñor. Unha brigada de operarios de Vías e Obras encargouse de executar a orde de demolición e os traballos concluirán hoxe mércores.

Deteñen a dúas persoas en Nigrán por un suposto delito urbanístico en Murcia

Correo-e Imprimir PDF

Axentes da Garda Civil detiveron hoxe a polo menos seis persoas pola súa presunta relación cun delito urbanístico cometido na localidade murciana de Totana, informaron a fontes próximas á investigación. A operación está relacionada coa recualificación de máis de 2 millóns de hectáreas de chan rústico en urbanizable para que unha empresa galega construíse miles de vivendas.  Ver video TVG

Nigrán busca terreos para o seu propio cuartel da Garda Civil

Correo-e Imprimir PDF
O goberno local de Nigrán busca terreos para a construción dun cuartel da Garda Civil no municipio, segundo aseguraron onte o propio alcalde, Efrén Juanes, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, quen asegura que o centro estará operativo antes de terminar este mandato municipal en 2011. Ambos participaron na xunta local de seguridade nigranense xunto cos responsables das forzas de seguridade.

A escola de cerámica de Cotros estará en marcha nunha semana

Correo-e Imprimir PDF
Unha semana sen clases, ata o 3 de decembro, é o resultado das xestións para que funcione a escola municipal de cerámica no seu novo emprazamento. As obras de adaptación realízanse na antiga escola infantil de Cotros, inactiva desde fai tres anos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL