Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán inicia a demolición de dous chalés ilegais

O Concello de Nigrán inicia a demolición de dous chalés ilegais

Correo-e Imprimir PDF
Demolición das vivendas en Monte Lourido
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Concello de Nigrán iniciou hoxe a demolición de dous chalés pareados situados nunha ladeira do Monte Lourido, na zona da Ramallosa, en cumprimento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se atopan nunha zona afectada pola Lei de Costas. Os dous chalés aparecían legalizados no novo PXOM que pretendía aprobar a anterior corporación.  Ver video TVG

 

Segundo confirmou o concelleiro de Urbanismo de Nigrán, Juan Antonio González (PSOE), os edificios aínda non están terminados e a obra está paralizada fai anos xa que unha veciña denunciou as irregularidades urbanísticas dos chalés. Entre as ilegalidades, atópanse o exceso no número de plantas e na altura e a falta de correspondencia nos volumes de edificación.

As obras destas vivendas, que pertencen á promotora Ferymol, comezaron no ano 1988 e a sección número 2 da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG ditou sentenza no ano 1992 ordenando a derriba das mesmas. A partir de aí, a empresa propietaria iniciou un proceso de presentación de recursos que culminou agora coa ratificación da orde de demolición.

De feito, o concelleiro de Urbanismo de Nigrán explicou que o Concello ía executar a sentenza no mes de agosto deste ano pero tivo que pospor a decisión ante un requirimento dun xulgado. Juan Antonio González insistiu en que esta actuación do goberno municipal pretende ser "ejemplarizante" e demostrar que se abriu unha nova etapa no urbanismo de Nigrán". "Non podemos mirar para outro lado", engadiu e reiterou que "hai que cumprir a lei".

As vivendas,  que tiñan licenza de edificación de aquela, excederon o volume e altura permitida na ordenanza, motivo polo cal un veciño interpuxo unha denuncia fai 18 anos.

Estas vivendas aparecían "legalizadas" nunha recalificación que aparecía no novo PXOM que pretendía aprobar a anterior corporación e que foi paralizado polos veciños o 2 de xuño de 2006. A nova lei impídelle agora á promotora poder construir nestas parcelas.